QUEREMOS GALEGO
A plataforma de Ferrolterra convoca un acto reivindicativo para este 2 de decembro diante das salas de cinema do Centro Comercial Odeón.
Quere con esta acción denunciar a total exclusión da nosa lingua nas carteleiras e reivindicar o cumprimento do Plan xeral de normalización da lingua galega no ámbito do cinema
A estrutura comarcal en Ferrolterra da plataforma Queremos Galego, promovida pola Mesa, convoca a todas as veciñas e veciños da comarca a un acto reivindicativo simbólico que terá lugar mañá 2 de decembro ás 19 horas diante das salas de cinema Cinebox, situadas no Centro Comercial Odeón, en Narón.
O acto está convocado para denunciar a total ausencia da lingua galega nas carteleiras das salas galegas ao longo de case todo o ano, fóra dalgunha estrea puntual que as máis das veces supón que o mesmo filme poida ser visionado ao mesmo tempo en castelán, nunha maior variedade horaria que a versión na nosa lingua. Segundo a plataforma cidadá, esta discriminación impÃdelle ás persoas o "dereito básico" de veren cinema de calidade na nosa lingua propia.
Coa concentración de mañá, Queremos Galego quere reivindicar tamén o pleno cumprimento do Plan xeral de normalización da lingua galega, que o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade en setembro de 2004, sendo o actual Presidente da Xunta, por certo, membro da cámara e vicepresidente do goberno naquela altura.
O Plan xeral de normalización da lingua galega estabelece medidas concretas de actuación nos diferentes ámbitos en que o galego está aÃnda lonxe de vivir unha situación de plena normalidade.
Un destes espazos é o cinema, para o que o Plan fixa como obxectivo conseguir que ao menos dez filmes ao ano, de entre os que presentaren maiores expectativas comerciais, cheguen en galego ás salas.




