Economistas

Un pouco de cordura

galego.gif

Hai unha liña da sociolingüística en Galiza que está a fomentar a idea de que o idioma galego está nun momento espléndido, para nada padecendo un ataque especial nin unha situación de emerxencia. Os principais valedores deste discurso son persoas que tiveron ou teñen altos cargos en gobernos do PP, como é o caso actual de Anxo Lorenzo ou o foi de Mauro Fernández. Tanto optimismo non se basea, porén, en ningún estudo que manteña un mínimo de rigor e credibilidade e tampouco ten constatación empírica na realidade.

É criticábel que o Consello da Cultura Galega (CCG) contribúa a divulgar esta propaganda inverosímil, organizando seminarios que na súa proxección pública parece que teñen como finalidade o que Manuel Fraga chamou a pax lingüística: aquí non pasa nada, o galego vai moi ben, así que non protestedes e deixade que vaia morrendo docemente. Resulta chocante que, na situación actual, o CCG non teña mellor ocorrencia que enviar un comunicado aos medios no que nos quere vender que "o galego é a lingua maioritaria" de Galiza. Negan o evidente e contribúen á narcotización do problema.

Se non se parte dos síntomas, non se poderá detectar a doenza nin pórlle remedio. O que nos din todas as pesquisas é que o idioma galego sofre unha caída en picado na transmisión entre xeracións, que en dez anos se duplicou o número de persoas que declaran non falalo nunca, que é residual na xente nova das cidades e que está ausente dos grupos e espazos sociais que marcan o futuro. Esta situación non é irreversíbel, pois hai posibilidades reais de rectificarmos, mais para iso hai que partir do real.

Isto que digo nas liñas anteriores foron as críticas substanciais cara ao CCG que realicei hai varios días en dous escritos asinados por min no meu blog persoal e no diario Galicia Hoxe. Tamén lamentaba que este organismo teña por norma excluír A Mesa de todas as súas actividades sobre a lingua. Manteño que é unha actitude grave porque desconsidera un sector e unha liña de opinión que existe e, sobre todo, porque, guste ou non, A Mesa é a maior asociación cultural de Galiza, cos seus case 4.000 socios e socias. Deixan fóra un inmenso movemento cidadán organizado en defensa da nosa cultura.

Lembro agora isto porque a semana pasada publicou Henrique Monteagudo, secretario do CCG e coordinador do seminario a que antes aludín, un artigo no suplemento Luces no cal se refería, en termos impropios para unha persoa coas súas responsabilidades, sobre as lexítimas críticas que realizamos desde A Mesa. En lugar de citalas e rebatelas cos argumentos que tivese a ben (e que sería un paso para un debate construtivo e útil), considerábaas despectivamente como "arroutadas" de quen anda "ghabeando polas paredes". Ademais, daba a entender unha división entre as plataformas e organizacións que traballamos en defensa do galego, que por fortuna non existe, e que non sería desexábel que chegase a existir.

Neste momento histórico estamos a xogar unha batalla crucial para gañar o futuro para o noso idioma. Non lle fagamos ningún favor aos inimigos (que existen e teñen moito poder) e non contribuamos á marxinación, á división e á caricaturización. É un tópico, mais é verdade: a todos os que defendemos o galego como idioma vivo, como patrimonio común e dereito individual e colectivo, únenos moitísimo máis do que nos separa. Por iso, camiñemos a senda da cordura e da unidade.

Fuente: Reproducimos o artigo publicado hoxe polo presidente da Mesa no suplemento Luces da edición galega de El País

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg