15.000 estudantes manifestan o seu 'compromiso responsábel' en parar as aulas o 21 de xaneiro

Queremos Galego lembra que todas as asociacións estudantÃs que actúan en Galiza critican o decretazo contra o galego. Un evento creado na rede social tuenti reúne xa 14.925 apoios de xente nova cando aÃnda falta unha semana para a mobilización
Queremos Galego considera que está a existir "unha resposta especialmente positiva e responsábel" do alumnado á hora de dar unha contestación ao decretazo contra o galego. Nese sentido, a plataforma impulsada pola Mesa lembra que "esta proposta da Xunta de Núñez Feijóo non conta co apoio de nin unha soa asociación estudantil que actúe en Galiza, de ningunha". "Ao contrario, en moitos centros de ensino estanse a organizar asembleas de alumnado para veren como responder a esta agresión e xa 15.000 estudantes amosaron en internet o seu respaldo ao paro do dÃa 21", indican.
Na rede social tuenti creáronse varios eventos para respaldar o paro do dÃa 21 e a manifestación que ese dÃa sairá da Alameda de Santiago de Compostela ás 11,30 h. O evento que conta con máis adhesións suma 14.939 apoios exactos no momento de enviar este comunicado de imprensa. Hai tamén quen creou eventos especÃficos só para os estudantes do seu concello ou do seu centro de ensino, que sumados incrementarÃan en moito esta cifra, cando aÃnda só se levan catro dÃas de aulas desde as vacacións do Nadal e aÃnda falta toda unha semana para o paro xeral do ensino.
A plataforma Queremos Galego, conformada por máis de 600 entidades do máis diferente tipo (tamén organizacións estudantÃs e xuvenÃs), valora que no conxunto das comunidades educativas está a existir unha "inmensa receptividade á folga e á manifestación do dÃa 21 de xaneiro". "Constatamos que existe un enfado importante pola forma de proceder de Núñez Feijóo, co seu discurso da confrontación e o seu desprezo á hora de falar de como funciona o sistema educativo". "A prepotencia do presidente da Xunta terá unha ampla resposta cÃvica nas rúas de Santiago o vindeiro 21 de xaneiro", conclúen.
Fuente; A Mesa




