A CIG-Ensino anuncia novas mobilizacións se Educación non retira o borrador do decreto
Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, valorou este luns o paro escolar do pasado dÃa 21. Logo de salientar o alto seguimento da protesta, o representante da principal forza sindical entre o profesorado galego pediulle á ConsellarÃa de Educación que tomase nota e que procedese a retirar as bases para a derrogación do decreto de linguas. Dende o sindicato nacionalista tamén denunciaron a "manipulación" dos medios de comunicación pública que "distorsionaron a incidencia da folga".
Dende a CIG-Ensino advÃrtenlle ao Goberno que está "na máis absoluta soidade" e que debe dar pasos para que se volva cumprir a Lei de Normalización. Caso de non rectificar, o sindicato anuncia que secundará as mobilizacións que acorde a plataforma 'Queremos Galego'.
Fuente: vieiros




