A dez dÃas da elección, Méndez FerrÃn é o único candidato á presidencia da RAG
A Real Academia Galega non quere alongar a vacante na súa presidencia. AÃnda que o prazo de intineridade na institución poderÃa chegar até o mes de marzo, a directiva decidiu convocar o plenario extraordinario de elección para o vindeiro 23 de xaneiro. Até o momento, só Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, avalado polo anterior presidente, Xosé Ramón Barreiro; o profesor Xosé LuÃs Axeitos; e o catedrático Ramón Lorenzo, ten formalizada xa unha candidatura.
AÃnda que os estatutos permiten a presentación de alternativas até 48 horas antes do cónclave, son poucos na Academia os que agardan unha sorpresa. A razón principal é que semella que arredor do escritor de 'Crónica de Nós' hai conformada xa unha maiorÃa suficiente.
O propio secretario da RAG, Manuel González, subliñaba este mércores en declaracións a Europa Press que Méndez FerrÃn é un "bo candidato" e salientou como dato importante o feito de que conte co "aval" do anterior presidente da Academia.
O proceso de elección comezará ás 12 horas do dÃa 23. Para resultar elixido na primeira votación, o futuro presidente precisa obter a maiorÃa absoluta. De non ser asÃ, unha maiorÃa simple serÃa suficiente nunha segunda votación.
Fuente: vieiros




