A Mesa remite á Xunta un informe do Consello de Europa que 'deslexitima o decretazo contra o galego'

A Mesa pola Normalización LingüÃstica remitiulle ao presidente da Xunta unha copia do informe elaborado polo Consello de Europa sobre a situación dos dereitos lingüÃsticos en Galiza, no cal se aborda con especial detemento a situación do sistema educativo. O documento oficial do organismo europeo foi elaborado hai trece meses, nun momento en que xa estaba en vigor o decreto do 50%. No informe, elaboran unha diagnose da situación do galego no sistema educativo e indican as medidas a adoptar polos poderes públicos para dar cumprimento á Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias, un tratado internacional de obrigada aplicación no Estado español.
O presidente da Mesa pola Normalización LingüÃstica di que "este informe do Consello de Europa será a base para a denuncia ante os organismos internacionais no caso de que o presidente da Xunta non rectifique a súa imposición unilateral deste decretazo contra o galego". Callón asevera que "o decretazo vulnera todas e cada unha das indicacións do Consello de Europa sobre aprendizaxe lingüÃstica no sistema educativo galego", polo que está "totalmente deslexitimado a nivel internacional".
Por iso, o portavoz da maior asociación cultural de Galiza di que "a folga do 21 de xaneiro será en defensa do galego, dun ensino de calidade, pola convivencia escolar e, tamén, pola aplicación dos tratados internacionais sobre dereitos lingüÃsticos, como este que o Estado español subscribiu en 2001, por unanimidade de todo o Congreso dos Deputados, de forma que pasou a formar parte do ordenamento xurÃdico interno, tal e como estabelece a Constitución española".
O relatorio do Consello de Europa, elaborado por un Comité de Expertos de diferentes estados, ten os seguintes contidos esquemáticos (as citas entre aspas son extractos literais do documento):
•
"O Comité de Expertos desexa eloxiar en particular as autoridades polo proxecto da Rede Galescolas".
•
O Consello de Europa considera que, xunto cos mÃnimos de aplicación do Decreto 124/2007, que serÃa cando menos dun 50% para o conxunto dos centros escolares, a ConsellarÃa de Educación debe promover outros programas que estabelezan o galego como lingua vehicular en todas as materias e en todas as etapas.
•
O anterior desenvólveno no apartado de "Conclusións" para o conxunto do Estado español: "Na maiorÃa das comunidades autónomas, o ensino na lingua cooficial baséase nun modelo bilingüe estruturado [como é aÃnda actualmente en Galiza co Decreto 124/07]. Porén, isto non corresponde cos compromisos elixidos polo Goberno español, que conlevan ofrecer asà mesmo modelos de ensino impartido esencialmente nas linguas rexionais ou minoritarias. A elaboración dun modelo de plena inmersión sumado ao modelo bilingüe é o obxectivo que todas as comunidades autónomas interesadas deberÃan tratar de alcanzar con miras a cumpriren gradualmente os compromisos subscritos."
•
Respalda o decreto 124/07, mais entende que "aÃnda se poden realizar melloras" e que "a situación actual segue sendo insatisfactoria" pola infrarrepresentación da lingua propia: "Durante a visita no terreo, a educación en galego non está amplamente dispoñÃbel a nivel do ensino primario e secundario, e o número de nenos de educación preescolar cubertos por este sistema educativo segue sendo moi baixo".
•
O Consello de Europa advirte de que "os informes periódicos sobre o emprego do galego na educación non se publican con regularidade".
•
O Comité de Expertos considera en xeral que se poden realizar melloras na situación do galego no ensino e respalda o decreto 124/07.
"É bo de ver que o Consello de Europa estabelece un camiño de convivencia e fomento da cultura propia que Núñez Feijóo se nega a desenvolver, como se gañar as eleccións lle dese potestade para destruÃr unha cultura e para vulnerar tratados internacionais", reproba Callón.
O representante da Mesa tamén lle lembra ao presidente da Xunta que "os gobernantes serios e cÃvicos cumpren os tratados internacionais sobre dereitos humanos e lingüÃsticos, non desafÃan a organismos internacionais como o Consello de Europa e non fomentan a crispación e os enfrontamentos cidadáns". "O 21 de xaneiro volveremos reclamarlle nas rúas que rectifique e pase a actuar con responsabilidade, seriedade e civismo, porque Galiza non se merece un presidente que cree máis problemas dos que xa hai", conclúe.
O documento do Consello de Europa pódese descargar completo na ligazón: http://www.amesanl.org/mediateca.html
Fuente: A mesa




