Economistas

A política lingüística remata co discurso monocorde do PPdeG

Durante os últimos meses o PPdeG só tivo un verso solto no que respecta á lingua: Rafael Cuíña. Os seus artigos ou a súa presenza en manifestacións a prol do galego proeu, e moito, na cúpula conservadora. Mentres se xestaba o borrador do decreto, o resto do partido, aínda eufórico pola volta ao poder, permaneceu mudo. Mais na quietude das augas hai algunhas correntes submariñas. O último exemplo pódese ver nunha entrevista con Xosé Manuel Baltar que publica este xoves a edición galega de El País. O deputado ourensán afirma que algúns posicionamentos que defende Galicia Bilingüe e que apoia unha parte do PPdeG chegan a ser "insultantes".

Aínda que en ningún momento cuestiona abertamente o novo borrador do decreto, Baltar, mergullado de cheo nunha batalla polo control de Ourense, intenta marcar territorio fronte á dirección do PPdeG: "A condición política de galego pasa polo defensa do propio, dende que nacemos, contraemos unha obriga coa nosa lingua, o símbolo máis claro da nosa especifidade".

Pero o caso de Baltar non é nin moito menos unha excepción. Diferentes sectores do PPdeG, nada sospeitosos de ser partidarios de verdadeiras políticas de normalización, consideran que a dirección se equivocou gravemente ao facer "casus belli" do idioma. Para a maioría deles, a solución era doada: derrogar o decreto e volver a unha situación semellante á dos gobernos Fraga, enterrando definitivamente o debate de se as familias deben ou non decidir a lingua na que se escolarizan os fillos.

A pesar das críticas, Galicia Bilingüe logra o seu obxectivo prioritario
Galicia Bilingüe traballou arreo despois do 1-M. Unha vez gañadas as eleccións, o colectivo, que sintoniza con boa parte do chamado PP urbanita, presionou para que as familias dos escolares tivesen certa liberdade de elección. A cuestión non era menor. Máis que un problema de porcentaxes, a asociación sabía que esta era a maior vitoria que poderían lograr.

Pero, cal era a razón? A propia presidenta de Galicia Bilingüe deixou moi claro en maio porque lle daban tanta importancia á participación: Se os pais teñen dereito a elixir a lingua vehicular do ensino "dificilmente haberá marcha atrás". O colectivo quería unha normativa que, en certo xeito, minase no futuro un decreto como o aprobado polo bipartito, estivese quen estivese na Xunta. E aí radica boa parte de éxito dos de Gloria Lago no actual borrador. Por vez primeira, os pais elixen a lingua de infantil e teñen, aínda que moi restrinxida, unha participación no resto dos niveis.

Feijoo busca sacar tallada electoral co "centrismo lingüístico"

Consciente de que a reforma do decreto é arma de dobre fío, o presidente da Xunta ensaia dende o anuncio do borrador o chamado "centrismo lingüístico". Núñez Feijoo inventa un novo espazo para intentar eludir, e incluso rendabilizar, o forte conflito que se aveciña. Aferrado a esta estratexia, este mesmo xoves, nunha entrevista en RNE, aseguraba que o Goberno busca un "equilibrio" entre os defensores da normalización da idioma do país e os seus detratores. "O decreto é un antídoto a calquera extremismo". Baixo este dogma de fe, Feijoo mete no mesmo saco a todo o que discrepe substancialmente da súa proposta.

O novo discurso non é froito da improvisación. O mesmo día da presentación do borrador o ambiente na nova sala de prensa de San Caetano era frenético. Rematado o Consello da Xunta, o presidente tardou media hora máis do previsto en comparecer diante dos medios. No estrado acompañouno o conselleiro Xesús Vázquez, entre o público o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, a poucos metros fóra da sala o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro e, nun recinto continuo, o seu "home clave" no Goberno: o pontevedrés Alfonso Rueda. Feijoo sabía ben que ía abrir a caixa dos tronos e, antes diso, intentou envolvela con papel colorido.
Fuente y autor: R.Vilar /vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg