Economistas

"Está enrocado"

galego.gif

Un día despois da multitudinaria manfestación contra o borrador do decreto do galego, dous partidos da oposición, PSdeG e BNG, reclamáronlle ao presidente Alberto Núñez Feijóo que volvese ao consenso e retirase un texto que motivou tamén unha folga xeral no ensino.

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, instou a Núñez Feijóo para abandonar "o campeonismo" e dar "marcha atrás" na súa política lingüística ante a contestación social fronte ao borrador do decreto. Vázquez destacou a altísima participación alcanzada tanto na manifestación, que "bateu marcas" tendo en conta o seu carácter sectorial e a coincidencia en día laborable -a anterior, do 18 de outubro, foi en domingo-, como na folga no ensino non universitario. "Un Goberno ten que valoralo", apostilou.

O líder socialista subliñou que o decreto do bipartito - "sen ser perfecto, porque ningún ou é", apuntou- "non xerou ningunha folga". Había, engadiu, unha parte da sociedade galega, "a máis identificada co castelán e que quere educación só en castelán", que si estaba en contra do decreto pero subliñou que a contestación era substancialmente inferior. "Nós temos un decreto e Feijóo ten un borrador que puxo de uñas a toda Galicia", declarou.

Respectar os sinais de indentidade do país

Respecto diso, insistiu no éxito da folga "ideolóxica" do xoves, que mobilizou a comunidade educativa non por cuestións retributivas ou de horarios senón porque se están atacando "os sinais de identidade do país". "O presidente galego non pode converterse en ariete contra o idioma", concluíu o secretario xeral do PSdeG, quen negou as críticas do PPdeG e de Feijóo respecto da suposta división interna dos socialistas galegos na materia.

"Feijóo é un mentireiro", lamentouse e asegurou que a división interna si é evidente nas filas do PP, onde xa se oíron voces contrarias ó decreto como a do vicepresidente do Parlamento e aspirante a presidir o PP de Ourense, José Manuel Baltar, que cualificou o borrador de "insulto a Galicia". Respecto disto, pediulle a este deputado "coherencia" e que vote en contra do decreto se chega como está agora á Cámara.

Vázquez asegurou que os socialistas galegos teñen perfectamente definida a súa posición en materia lingüística: "Queremos consenso desde un punto de partida que é o de 50% e 50%", sinalou, reclamándolle a Feijóo "un pouco de por favor e de humildade" e instándoo a "non recorrer ao insulto cada vez que algo non lle gusta". "Feijóo fala bastante máis do que pensa e non nos debería ter metido nesta confrontación", proclamou.

Pola súa banda o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reprochoulle a Feijóo que "non dea saído do embolado" no que se meteu polo borrador e instouno a "explicar" por que co decreto do bipartito "o 50 por cento creaba conflito e era imposición" e, con todo, o propio mandatario autonómico aclarou, tras o último Consello, que nas bases presentadas se recolle ese equilibrio entre as linguas cooficiais ata introducir o inglés.

Tras reiterar a necesidade de que se retire o decretazo contra o galego", Guillerme Vázquez concluíu que o presidente da Xunta agora o "único que intenta é disimular" e utilizar "mantras" como acusar os defensores da lingua propia de "extremistas", a pesar de que --considerou-- os "únicos extremistas son os "populares".

Guillerme Vázquez subliñou que a mobilización en Compostela foi consecuencia da "reacción social" contra todas as "mantras" utilizadas, na súa opinión, polo Goberno autonómico e o PPdeG, entre as que mencionou a "mantra da liberdade ou da falsidade de que os defensores do galego queren un monolingüismo" neste idioma.

O BNG: "O inglés non ten que ver coa diminución do galego"

Respecto diso dunha terceira lingua, asegurou que "o inglés non ten nada que ver con esta cuestión", posto que os nacionalistas son partidarios de "aprender inglés, francés, alemán ou chinés". Con todo, avisou de que as competencias en idiomas estranxeiros "se solucionan dedicando máis diñeiro ó ensino de linguas, creando laboratorios de idiomas nos centros ou mellorando o cociente de alumnos por profesor". "Que terá que ver o inglés coa diminución do galego nas aulas?", apostilou.

Os nacionalistas cuestionan a actitude dialogante do Goberno autonómico con base nas declaracións do seu presidente nas que advertía de que non se modificarían aspectos fundamentais do decreto. Tamén censurou que apele ó mandato 1 de marzo para xustificar a súa política lingüística.

CARLOS CALLÓN Dimisión de Jesús Vázquez

O presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, advertiu onte de que a manifestación celebrada en Santiago contra a proposta lingüística da Xunta foi "o punto de partida" e instou o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, para "dimitir", xa que "non lle queda outra saída".

En rolda de prensa, Callón destacou o "clamor unánime" en defensa do idioma durante a manifestación co apoio "de todas as entidades representativas" no ensino, para reclamar que se manteña polo menos un 50 por cento de presenza do galego no idioma de impartición das materias. Con este fin, explicou que a súa entidade ofrece a disposición da sociedade un modelo de documento para presentar alegacións en relación coas bases para a elaboración do decreto do plurilingismo e para solicitar "a aplicación real e efectiva" do decreto 124/2007 e do Plan xeral de normalización

"Temos a convicción de que este decreto o imos tombar ", destacou Callón, para destacar que "a inmensa maioría -dos estudantes- apoiaron o paro de onte" nas aulas, ademais do "profesorado". "A realidade non se corresponde cos datos da Xunta", aclarou.
Fuente: galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg