Economistas

'Este decreto ímolo tombar'

Reproducimos o artigo publicado polo presidente da Mesa no diario Galicia Hoxe :

Este decreto ímolo tombar
As comunidades educativas móvense contra a galegofobia

Excepto as organizacións máis directamente vinculadas á oficialidade dos dirixentes do PP, todo o resto das entidades que representan a comunidade educativa amosaron o seu profundo desacordo tanto coa proposta de decreto contra o galego como coas vergoñentas formas de presentación do mesmo. Nove meses despois de tomar posesión, o presidente da Xunta non foi capaz de propor nada mellor que un texto galegófobo, que creará crispación entre familias e que é inaplicábel nos centros, se non é creando unha inmensa fractura social.

Ante esta situación, a plataforma Queremos Galego convocou as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro. A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén histórica na contestación social a este decretazo.

Alberto Núñez Feijóo sabe que esta norma galegófoba non conta co respaldo nin das familias nin do profesorado nin do estudantado. Por iso a presentou no medio das vacacións, na véspera de fin de ano, á última hora do serán e mudando in extremis tamén o lugar de reunión do Consello da Xunta, por vez primeira na lexislatura. Só lle faltou facelo de noite e no medio dunha fraga perdida.

Co seu característico discurso cínico, bautizou o disparate como "decreto do plurilingüismo", cando a realidade é que con esta proposta non se poden mellorar as competencias comunicativas de ningún dos tres idiomas indicados. Por moito que se esforce o presidente da Xunta en exprimir a súa maquinaria mediática, as mentiras non pasan a se converter en verdade pola forza da repetición de quen ostenta o poder.

Así, a propaganda sobre a aprendizaxe do inglés é unha burla tremenda, porque se vende un suposto "trilingüismo" que, á marxe doutras consideracións, é imposíbel de aplicar en case toda Galiza. Dese xeito o recoñece a disposición transitoria primeira deste decreto, que sinala que mentres non haxa profesorado capacitado para dar aulas nesta lingua foránea, iso non se fará. Esa disposición adicional acaba anulando todo o dito no resto do articulado!

Se o Goberno quixese mellorar de verdade as competencias dos estudantes en inglés desde os centros, tería que tomar outras medidas. Antes de nada, debería contratar máis profesorado para esta materia, para que haxa menos alumnado por clase, e tamén mellorar as dotacións en material dos centros. Coas falacias sobre o inglés o que tentan é confundir á opinión pública e camuflar esta navallada contra o idioma de Galiza.

No caso do castelán e do galego, é obriga do Goberno garantir que os estudantes finalicen cada etapa educativa con competencias nas dúas linguas oficiais. No entanto, iso non se está a conseguir para o idioma propio, tal e como o corroboran estudos e informes realizados polo Consello Escolar de Galiza, o Instituto Nacional de Estatística, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega.

Cando se aprobou o Plan xeral de normalización por unanimidade, Alberto Núñez Feijóo era vicepresidente da Xunta. Nese acordo da cámara autonómica sinalábanse os resultados dun longo traballo que demostraba que era necesario darlle un pulo ao galego no ensino. Algunhas das razóns, que extracto literalmente do documento, eran a "competencia non equiparable en galego e en castelán, con deficiencias moito máis notables na primeira desas linguas" pois "o nivel de aprendizaxe do galego por parte do alumnado é claramente inferior ao acadado no castelán", a existencia dunha "situación de desigualdade entre os dous idiomas, o que esixe medidas favorables ao galego para intentar conseguir ese equilibrio", que "en educación infantil e 1º ciclo de primaria, a presenza do galego é mínima", que "falta máis material didáctico e máis material para o desenvolvemento pleno de aulas en galego, sobre todo en determinadas áreas curriculares e en determinadas etapas educativas" etc.

Nesa mesma liña, o último censo de poboación e vivendas sinalaba que un 20% dos rapaces e rapazas entre 14 e 19 anos son analfabetos funcionais en galego. Aí é nada! Porén, Alberto Núñez Feijóo, como presidente da Xunta, en lugar de axudar a resolver este gravísimo problema, profúndao e crea outros novos. Como se pode entender que, ante esta situación, o que se propoña sexa xusto reducir a presenza da lingua propia no horario escolar?

Disque "liberdade"

O outro eixo da propaganda deste decreto é que disque ofrece a "liberdade" (palabra tan corrompida!) dos pais e das nais para escolleren que materias se impartirán en que linguas a través de consultas. Así, a Xunta fai deixadez das súas funcións, trasladando as súas responsabilidades ás comunidades educativas, abrindo unha fonte de enormes conflitos mesmo entre familias.

Mais se non nos guiamos pola cínica grandilocuencia gobernamental e imos ao texto do decreto veremos en que consiste iso en realidade. En educación infantil, disque a maioría decidirá a lingua vehicular e non se sabe que é o que pasará coas familias que saian perdedoras desa votación. Ademais, as consultas ás nais, aos pais ou aos titores serán cada catro anos, de forma que un decide pola educación dos fillos dos demais e viceversa. Parece unha brincadeira, mais non o é.

Fronte á imposición unilateral de Núñez Feijóo, as comunidades educativas reclaman que se escoite a súa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, da federación de ANPAs públicas, de todas as organizacións estudantís e de todos os movementos de renovación pedagóxica, mentres que o seu decreto contra o galego non xera máis que rexeitamento. Se non o lembra, lembrarémosllo o 21 de xaneiro. Este decreto galegófobo ímolo tombar!

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg