'Goberne quen goberne, a lingua non se vende'

O colectivo Galiza Non Se Vende fixo público un manifesto onde critican o borrador do decreto do galego no ensino presentado polo Goberno o pasado día 30 de Nadal, que cualifican de "atentado á lingua galega e, polo tanto, un atentado á cultura e á identidade" do país.
Neste senso, mostrou o seu "pleno apoio á manifestación en reivindicación dun ensino en galego" que se desenvolverá o vindeiro xoves en Compostela (partirá ás 12.00 horas da Alameda), coincidindo coa folga no ensino convocada por diversas organizacións para ese día.
MANIFESTO EN DEFENSA DA LINGUA
GOBERNE QUEN GOBERNE, A LINGUA NON SE VENDE
Dende Galiza Non Se Vende queremos manifestar a nosa total oposición ao decreto do galego no ensino do PP, pois constitúe un atentado á lingua galega e, polo tanto, un atentado á cultura e á identidade de Galicia.
Non podemos admitir un decreto que pretende lexitimar o abandono da lingua polos poderes públicos e interromper a súa transmisión interxeracional. Non podemos consentir que se menoscabe o dereito dos galegofalantes a usar, conservar e transmitir a lingua propia como legado, e que se impida a normalización do seu uso polo resto da poboación. Non podemos tolerar que a miseria intelectual, a inconsciencia e a insensibilidade dos que se avergoñan de seren galegos sirvan como xustificación espuria dunha pretendida liberdade para destruir unha lingua que é o noso máis prezado patrimonio cultural e un valioso patrimonio da humanidade.
O decreto que nos ocupa, igual que outras disposicións legais, que non lexítimas, revela o absoluto descoñecemento da realidade do noso país, e o desprezo da nosa cultura, por parte de quen nos goberna.
A incesante presión socio-político-económica sobre a nosa terra ao longo da historia colocou a nosa lingua nunha posición de desvantaxe que pode provocar a súa desaparición, e que é preciso neutralizar con medidas de protección eficaces. Pero ningún dos gobernos que sufrimos tivo nunca unha intención clara de facer do galego a lingua vehicular do ensino, único camiño viable para a súa normalización. Non recoñecer este feito, e adoptar unha postura contraria, converte ao goberno da Xunta en promotor da desaparición da lingua galega.
Os membros dos máis de sesenta colectivos que formamos GNSV somos conscientes da nosa identidade. Sabemos que o noso medio natural é único e valioso, nin máis nin menos que calquera outro do planeta, pero é o noso, non porque o posuamos, senón porque a él pertencemos. Tamén sabemos que a lingua galega é tan só, pero nada menos que, unha das linguas do mundo; unha obra colectiva do noso pobo ao longo da historia; nin mellor ni peor que outras, pero é a nosa; o medio co que construimos o noso pensamento, e a máis valiosa aportación de Galicia ao patrimonio cultural da humanidade. Debemos estar lexítimamente orgullosos desta nosa herdanza, e non podemos consentir que sexa neciamente desprezada, nin irresponsablemente destruida.
Defendemos a Terra e, polo tanto, a biodiversidade. Polo mesmo, defendemos a diversidade cultural que permitiu ao ser humano adaptarse á biosfera e, polo tanto, defendemos a nosa cultura e a nosa lingua.
Terra, cultura e lingua van da man. Destruir a nosa terra é destruir a nosa cultura, ao facer desaparecer o seu soporte material. Destruir a nosa terra é destruir a nosa lingua, ao facer desaparecer os lugares que nomea, as actividades que describe, a memoria que ela guarda e lembra. Destruir a nosa lingua é deixar á nosa terra orfa de nomes, valeira de significado, carente de memoria cultural, desprotexida.
Temos a responsabilidade de defender o noso medio natural e, polo tanto, o noso patrimonio cultural identitario, e o noso idioma, e de preservalos para as xeracións vindeiras. Igual que non consentimos a destrución nin a privatización do noso territorio nin do noso mar, non imos consentir ningunha agresión máis á nosa lingua.
Dende GNSV, rede participativa, non xerárquica, apartidaria, aberta a toda a sociedade, consideramos que a defensa da riqueza linguística e da cultura do noso País fai necesario e inevitable o estricto incumprimento deste malfadado decreto do galego no ensino.
Por todo o devandito, mostramos o noso pleno apoio á manifestación en reinvindicación dun ensino en galego que, convocada por diversas organizacións, terá lugar o día 21 de Xaneiro, e partirá ás 12:00 h da Alameda de Compostela.
Goberne quen goberne, A LINGUA NON SE VENDE!
Fuente: vieros





Comentarios
me parece muy bien lo que piense el colectivo "Galiza non se vende" (agrupación reconocida internacionalmente), pero los votantes gallegos piensan lo contrario. Y los padres. Me imagino que a este colectivo le da igual y querrán imponer su opinión...muchos personajes de la historia lo hicieron también.
Publicado por: julio | Xaneiro 15, 2010 2:53 PM
Resposta a Julio:
Creo que equivocas o "impositor", non é o pequeno grupo "coñecido internacionalmente" o que impón a súa opinión NUNCA, non son as linguas minorizadas, minoritarias ou rexionais as que se impoñen (como ben di a Carta Europea das Linguas, senón as maioritarias linguas imperiais, como o chinés, como o español ou como o inglés (as tres máis faladas do mundo). Supoño que a estas alturas non estarás, Julio, a pensar que o español está en perigo. Supoño tamén que saberás que o galego é (mentres Feijoo non IMPOÑA o contrario) lingua oficial en Galicia. E supoño que saberás que ser lingua oficial significa ser obrigatoria no ensino. Imaxino que ti a iso chamaraslle unha imposición, porque seguramente es do que non entendes por que o galego é oficial nin para que coño serve iso do galego, non si?
Pois é oficial porque é a lingua dos galegos, creada por eles para comprender e entender o mundo desde a súa propia ollada, como para ti é o español.
E serve, por exemplo para que eu poida pensar, falar e polo tanto existir.
E queres saber por que a falo? PORQUE SI! PORQUE ME GOSTA! PORQUE ME PETA!
Publicado por: Sofia | Xaneiro 15, 2010 8:29 PM
Hola Sofía, gracias por tu contestación. A ti te gosta e te peta falar galego....pero a mi no. Fala en lo que quieras, pero a mi no me impongas nada. El gallega es lengua oficial en Galicia y el español en España. Algún problema con esto?
No quiero que a mi hija le vuelvan a decir que 3 elevado al cubo se dice "3 subido o caldeiro". LIBERTAD¡¡¡
Publicado por: julio | Xaneiro 19, 2010 12:40 PM
Ley 3/1983, de 15 de junio,
de NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA:Artículo 1
El gallego es la lengua propia de Galicia.
Todos los gallegos tienen el deber de conocerlo y el derecho de usarlo.
No confundir que sea la propia con que sea la única, a alguno le gustaría.
Artículo 4
1. El gallego, como lengua propia de Galicia, es lengua oficial de las instituciones de la Comunidad Autónoma. de su Administración, de la Administración Local y de las Entidades Públicas dependientes de la Comunidad Autónoma.
2. También lo es el castellano como lengua oficial del Estado.
Creo que este es un debate estéril y potenciado desde determinados sectores, deberían primar los derechos de los individuos no los de los países o regiones, esto lo hacían los nazis y los comunistas de infausto recuerdo ambos regímenes por sus crímenes durante el pasado siglo.
Falta información y sobran panfleteros idiomáticos que están más a su pesebre que al bien común y a la libertad de los individuos.
Ya estamos, gracias a los políticos bastante polarizados en este tema, dejemos que cada uno elija.
Publicado por: Uxía | Xaneiro 19, 2010 4:12 PM