Lenta distribución de axuda e caos institucional en HaitÃ
Se xa era feble e complicada a situación en Haità antes do desastre desta semana, o caos logo do terremoto converteu nun desafÃo extremo a distribución da axuda, con infraestruturas e vÃas de comunicación en precario estado cando non desaparecidas. Diversos colectivos internacionais e administracións estranxeiras coincidiron nas últimas horas en advertir dos problemas para atender á gravidade da situación, citando entre outros a mÃnima e moitas veces inexistente coordinación por parte das autoridades locais. Estradas destruÃdas ou bloqueadas por cascallos, peiraos sen posibilidade de uso, o pequeno aeroporto da capital, insuficiente... O propio goberno haitiano mantén actividade en precario desde a sede provisional á que se trasladou: unha comisarÃa policial á beira do aeródromo.
No detalle das cifras, o goberno fala de máis de 50 mil mortos, moitos deles xa enterrados en foxas comúns, e de aproximadamente 250 mil feridos. Desde as Nacións Unidas avalÃan que, tan só na capital, cando menos 300 mil persoas perderon o fogar. No conxunto do territorio, consideran que a catástreofe afectoulle a un área que suma unha poboación de 3,5 millóns de persoas. A ONU tamén subliña que 2 millóns de persoas necesitan de axuda alimentaria urxente. Para atender a urxencia da situación, o secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, concretou na súa última petición pública de emerxencia á comunidade internacional, a solicitude da inxección de 390 millóns de euros. É a cantidade que, segundo os cálculos da institución, será necesaria para asistir durante os próximos seus meses á poboación afectada polo sismo.
Fuente: vieiros




