O custo do carro da compra subio 5,28 euros en Decembro

En só 30 dÃas, os galegos viron como á hora de encher o carriño da compra o peixe pasou de vilán a heroe. Nun mes marcado polo Nadal, a rebaixa no prezo da pescada ou da dourada de piscifactorÃa converteuse nun aliado para o peto fronte á suba da carne ó final dun ano complicado como 2009, e contribuÃron a conter a alza da compra mensual en 5,28 euros. Un encarecemento moderado se o comparamos cos 18 euros de inflación contabilizados o mes anterior. AsÃ, unha familia de catro membros que opte por encher a súa despensa cos 76 produtos básicos e unha trintena de referencias en marcas brancas analizadas, como cada mes durante os últimos dous anos, pola Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) para este xornal, desembolsou 547,82 euros fronte ós 542,53 que marcaba a análise anterior. Este importe, no entanto, sufrirÃa unha substancial rebaixa ata os 479,23 euros (68,59 menos) se eliximos produtos baixo o paraugas da marca branca.
Do mesmo xeito que apuntaba o último indicador da inflación amonizada (IPCA), feito público o martes polo INE e que subiu 5 décimas respecto do mes anterior -aÃnda que pechando o ano en niveis historicamente baixos do 0,9%-, a cesta da compra tamén burlou a pantasma da deflación (caÃda contÃnua e xeneralizada do nivel de prezos), tal e como apuntan as dúas últimas alzas.
De feito, desde que o pasado mes de marzo a Ucgal ampliou a súa análise de produtos dos medio centenar iniciais ós actuais 76, con cantidades reais, medidas segundo o consumo recomendado por organismos internacionais como a Organización Mundial da Saúde, a cesta apenas se abaratou en 2 euros.
TAMÉN O PORCO
A tenreira, a que máis aumenta
O quilo da agulla de tenreira para asar protagoniza o maior repunte con 2,27 euros. Tamén sobe o quilo de chuleta de porco (0,73 euros), o de filete de porco (0,31 euros), o polo (0,24) ou o coello.
Fuente: galicia hoxe




