Economistas

O decreto definitivo darase a coñecer en febreiro

galego.gif

O chamado pola Xunta "decreto do plurilingüismo" ("decretazo" polos seus opositores) estará rematado en febreiro. Así o adiantou o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, nunha entrevista a Europa Press ao remate da ronda de contactos cos diferentes colectivos educativos. A partir dese momento, a axenda será a que segue: levarase o documento á mesa sectorial de educación, onde "se retocarán puntos en función dos consensos que se poidan acadar" para, finalmente, aplicalo no vindeiro curso.

Metade galego, metade castelán
Lorenzo deixa agora claro que "mentres non se poida impartir o terzo das materias nun idioma estranxeiro, haberá un reparto igualitario ao 50% entre galego e castelán de materias e horas semanais", á marxe das materias de lingua. Defendeu así o modelo como "unha aposta valente e arriscada" porque "neste país falar de trilingüismo e mesmo falar de equiparar no número de horas semanais o galego e o castelán parece que é tabú".

Á pregunta de por que se derrogará un decreto que, en liñas xerais, tamén mantén o reparto igualitario de horas entre os dous idiomas, explicou que "nos últimos anos houbo un fortísimo debate lingüístico na sociedade galega" e nesta situación considera "inviábel" aplicar a política do anterior Goberno". "Aspectos da política lingüística que hai catro anos pensabamos que se podían poñer en práctica, á vista do que está pasando nestes momentos, creo que é absolutamente inviábel". A seguir, asegurou que as bases propostas para o decreto "cumpren estritamente" a Lei de Normalización Lingüística" e adiantou que "o Plan de Normalización segue sendo un documento de referencia", se ben engadiu que "este plan di moitas cousas" e cada Goberno "estabelece as súas prioridades e ritmos de aplicación".

Consulta os pais
Sobre a consulta os pais sobre a lingua en que queren que se impartan determinadas materias, Lorenzo afirmou que analizan "como canalizar este precepto" e "que é máis conveniente dende o punto de vista político, pedagóxico e da organización dos centros". "A voz das familias é importante", dixo, "como a canalicemos, de forma vinculante ou orientadora, iso é o que hai que ver".

Ao respecto do artigo que permite o alumnado "utilizar nas manifestacións oral e escrta a lingua oficial da súa preferencia", o secretario xeral de Política Lingüística avanzou que na nova proposta buscarase "unha fórmula aberta" para non contravir o marco constitucional e, en particular, apostou polo modelo do decreto de 1995 (goberno de Fraga), que reflectía que "o alumnado debe procurar utilizar a lingua na que se imparta a materia", mais "sempre que se deixe un espazo de liberdade".

O inglés no horizonte
Anxo Lorenzo asegurou que o que busca a Xunta é "facer real unha utopía" no referente ao ensino trilingüe. Para este futuro estimou un tempo necesario de oito ou dez anos e asegurou que "non se fará nin nun proceso obrigatorio nin de golpe, será gradual, progresivo e mesmo a estas alturas me atrevería a dicir que voluntario" e adiantou que se porán en marcha "os incentivos axeitados" porque o profesor "ten que estar motivado".

Así, adiantou que se habilitará un sistema de "incentivos económicos e tamén na carreira profesional, no concurso de traslados" para aqueles profesores que "voluntariamente" se formen para impartir as súas materias nunha lingua estranxeira.

Pechar o conflito lingüístico
Ademais, Lorenzo insistiu na necesidade de "pechar canto antes un conflito lingüístico que nunca existiu a este nivel de debate público e político" porque "non é bo nin para o presente nin para o futuro do galego ter este debate permanentemente aberto". "Non é bo nin saudábel", dixo.
Fuente: vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg