O Goberno aproba os tres primeiros proxectos do Plan de investimento municipal que supoñerán unha inxección de catro millóns
A remodelación do mercado de San AgustÃn, o corredor verde de Orillamar e a remodelación das prazas de Santo Domingo e de CortadurÃa na Cidade Vella son os tres primeiros proxectos do Plan de investimento municipal que contan coa aprobación do Ministerio de PolÃtica Territorial do Goberno de España. En total, estas actuacións impulsadas polo Concello da Coruña supoñen un investimento de catro millóns de euros para renovar instalacións e espazos públicos da cidade.
Ademais, o goberno municipal, cumprindo co seu compromiso de facer realidade os proxectos de investimento, xa sacou a concurso a contratación da redacción do proxecto do corredor verde da rúa Pablo Picasso, na segunda fase de Elviña. É unha actuación de urbanización ambiental e de modernización do barrio, cun investimento de preto de tres millóns, seguindo as directrices do novo Plan Xeral da cidade, de esponxar espazos urbanos e apostar pola mobilidade.
Os tres proxectos que xa contan coa aprobación do Goberno son os seguintes:
Remodelación das prazas de Santo Domingo e CortadurÃa na Cidade Vella, (500.000 euros).
Remodelación do mercado de San AgustÃn (1 millón de euros). Este ambicioso proxecto de remodelación do Mercado de San AgustÃn, que se realiza de forma conxunta entre as concellarÃas de Promoción Económica, Rehabilitación Urbana, Infraestruturas e Mercados, non só supoñerá a recuperación dun edificio emblemático construÃdo en 1932 por Santiago Rey Pedreira e Antonio Tenreiro, senón que supoñerá un importante impulso para a actividade comercial e económica non só do mercado senón de toda a zona.
Ademais con esta importante actuación, o mercado de San AgustÃn converterase nun reclamo turÃstico máis da cidade do mesmo xeito que outras grandes cidades como Madrid coa recuperación do mercado de San Miguel ou A BoquerÃa en Barcelona. AsÃ, a parte superior do mercado será destinada á realización de diversas actividades culturais combinadas con actividade hostaleira de forma que a actividade comercial continuarase desenvolvendo na planta inferior e será complementada cunha importante actividade cultural e hostaleira na parte superior que dará vida ao mercado e a toda a zona.
Corredor Verde de Orillamar (2,5 millóns de euros). Trátase dunha actuación recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal, por tanto son as primeiras medidas e accións que se desenvolven atendendo ao PXOM e no que se definen as liñas mestras do futuro da cidade, que aposta pola mobilidade e pola creación de espazos públicos acolledores e agradables para a cidadanÃa.
O novo corredor verde de Orillamar permitiralles desta maneira aos coruñeses coñecer e gozar xa dun dos proxectos máis ambiciosos de futuro, poderán visualizar qué se pretende do PXOM e qué cidade será A Coruña no futuro. Renovarase o pavimento, apostando por un nivel único para peóns e vehÃculos; tamén se renovará o mobiliario urbano e a sinalización, cunha circulación branda e limitando o estacionamento en superficie. Máis axardinamento e novo arboredo co fin de reducir o tránsito, limitar a velocidade dos vehÃculos e dar protagonismo ao peón.




