O PPdeG identifica a normalización lingüÃstica co "adoutrinamento"

O Partido Popular, lonxe de apagar o incendio lingüÃstico que encendeu xa na oposición, bótalle máis leña. O máis sorprendente é a estratexia de identificar as polÃticas de normalización lingüÃstica no ensino con supostas manipulacións ideolóxicas do alumnado.
Nunha nota de prensa enviada aos medios este domingo, o PPdeG afirma que o bipartito aprobou no seu dÃa un decreto para converter as aulas en "espazos de adoutrinamento". Fronte a isto, a dereita subliña que a súa proposta para o vindeiro curso "baséase en formar persoas e futuros profesionais e non a futuros militantes dos partidos polÃticos"
Os "populares" mantéñense na idea de que o decreto que marcaba un espazo dun 50% para a lingua do paÃs nas escolas "axudou a incubar o odio ao galego cunha polÃtica de imposición". Fronte a isto, os de Feijoo volve sacar a bandeira da "liberdade lingüÃstica" que garante o borrador do novo decreto: se o bipartito "metÃa galego en exclusiva xerando odio, o PPdeG pretende meter, ademáis do galego o castelán e o inglés". Se o decreto aÃnda en vigor mira "de Galiza cara a dentro" o novo vai mirar, segundo a nota, "de Galiza cara ao mundo".
Fuente: vieiros




