Economistas

Os partidos políticos débenlles ás caixas galegas 5.360.000 euros

Caixa Galicia e Caixanova financiaban ó peche do ano 2008 con 2,7 millóns cada unha das formacións que agora van designar os seus membros nos consellos de administración. O BNG debíalles 3.411.400 euros, o PP un millón e o PSOE, 855.600.

Un mergullo nas memorias das dúas caixas sobre responsabili­dade social corporativa (RSC) co­rrespondentes a 2008, últimas publicadas, aínda que nun futu­ro próximo estarán listas as do ano pasado, achéganos un dato revelador: ó peche dese exerci­cio, os partidos políticos gale­gos, aqueles que teñen repre­sentación nas corporacións locais ou lexislativos autonómi­cos que poden participar nos seus procesos electorais de ambas as fi­nancieras, mantiñan un saldo vivo en operacións de crédito con Caixa Galicia e Caixanova que ascendía a 5.360.000 euros, preto de mil millóns das anti­guas pesetas.

A cantidade en ambas as caixas é similar. Caixa Galicia mantiña por esas datas operacións de financiamento por un valor cerca­no a 2,66 millóns, con só dous protagonistas: o BNG, que suma 1.851.400 euros, e o PSOE, con 807.600 euros. En Caixanova en­contramos algúns actores máis: o BNG volve ser o que máis recursos requiría, polo menos ata a conclusión de 2008, con máis dun millón e medio de euros; un pouco máis abaixo, con algo máis dun millón, estaría o Partido Popular, e os seguintes, con moito menos capital pres­tado, son os 55.000 euros de Coalición Galega; 25.000 dos socialistas; e Progresistas Vigue­ses, con 3.000 frugales euros. A través do Banco Gallego, filial da caixa do sur, o PSOE sumaría outros 23.000 euros.

Con estes datos, apreciamos que o BNG é o partido que máis saldo vivo mantén en opera­ciones de créditos con ambas as caixas, ó sumar 3.411.400 euros; séguelle o PP, cun millón; e o PSdeG, sobre os 855.000 euros.

Unha semana decisiva para a representación nas cúpulas

Sen saír do mundo da políti­ca, arrinca unha semana crucial na que, o vindeiro venres, os partidos terán que ter ce­rrados os nomes dos repre­sentantes que queren situar nas asembleas das caixas, como conselleiros xerais, o próximo mes de marzo.

A pesar de que o venres é un día crave, as organizacións aínda contan con marxe para pechar a listaxe de nomes. En xeral, os partidos apostarán por nomes que se axusten ó perfil financeiro, e xa barallan varias opcións.


O PSdeG segue defendendo o SIP para manter a marca do país

O deputado do PSdeG Abel Losada insistiu hoxe en que unha alianza a través dun SIP permitiríalles ás caixas galegas manter a súa "marca" e a súa "sede física" e censurou que a Xunta leve a cabo "campaña de bloqueo" e de "confrontación" cara a Vigo.

Neste sentido, atribuíu á intención do Partido Popular de sacar réditos electorais de cara ós próximos comicios municipais a súa actitude e recriminou que o Executivo autonómico busque "dobrar a vontade" das caixas galegas coa nova lei aprobada polo Parlamento, co fin de "levar" a sede de Caixanova "a outra cidade".

O deputado socialista criticou que o Goberno galego presentará "de xeito parcial" os resultados da auditoría encargada a KPMG e refugase o Sistema Institucional de Protección (SIP) como alternativa. Losada considerou a opción como un "proceso reversible" que mantería "a marca" e a "sede física" das entidades, á vez que lles permitiría desvincularse no momento no que o estimen oportuno.
Fuente y autor: S. RIVEIRO/X. LEIRO /galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg