Vigo restrinxirá a venda de alcol pola noite co fin de combater o 'botellón'
Segundo informa o Concello de Vigo na súa web, o goberno municipal ten previsto restrinxir a comercialización de alcol desde as 22.00 horas para combater o 'botellón'. Os locais que vendan bebidas alcohólicas fóra dos horarios marcados serán sancionados.
A medida afectará basicamente os comercios que ofertan distintos produtos, entre estes bebidas alcohólicas, durante a noite.
O alcalde da cidade, Abel Caballero, xustificou a decisión por entender que o 'botellón' leva implÃcito "ruÃdos, enfrontamentos e malestar entre a cidadanÃa", ademais de causar "consecuencias negativas para a saúde dos mozos".
Como medida de choque, a AlcaldÃa pretende abordar accións dirixidas a reorientar o lecer da poboación máis nova "mediante alternativas saudábeis".
Fuente: vieiros




