A CRMH pide que o Concello da Coruña lle retire os honores a Manuel Fraga

A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) pediu onte de novo que o concello lle retire ao ex presidente da Xunta Manuel Fraga a distinción de Fillo Adoptivo, pola súa "ampla folla de servizos ao servizo da Ditadura", sinalou a entidade. Previsiblemente, o pleno da corporación municipal ratificará hoxe a supresión de 21 mencións honorÃficas, en aplicación da Lei de Memoria Histórica.
A retirada de tÃtulos afectaralle a Francisco Franco e a diversas personalidades relacionadas co franquismo, ente elas a sete ministros. Por elo, Manuel Monge censurou que se lle dea "un trato privilexiado a Fraga, cando el foi ministro no franquismo e participou na represión".
AsÃ, a CRMH da Memoria esixiu que o "camarada Fraga" -cualificativo que figura no BOE do 9 de febreiro de 1961- perda a distinción de Fillo Adoptivo, concedida no ano 1968, en plena ditadura, "cando a represión era brutal", explicou Manuel Monge.
Na súa opinión, "Fraga aprobou execucións e foi partÃcipe de graves violacións dos dereitos humanos". A mención honorÃfica que mantén "dá unha lamentable imaxe de Galicia ao ser un caso único en Europa", dixo.
Fuente: o xornal de Galicia




