A favor das linguas nacionais, pola igualdade lingüÃstica

O desenvolvemento de planificacións lingüÃsticas baseadas na utilización vehicular da lingua propia non só non vai contra a liberdade lingüÃstica de ninguén, "senón que contribúe a garantir precisamente esa liberdade lingüÃstica a partir do seu coñecemento, da súa valoración e do seu uso social". Asà acontece noutras partes do mundo onde conviven sociedades plurilingües e asà o subliñan nun documento conxunto cinco sindicatos de traballadores do ensino: o STEG-Galicia; STEE-EILAS, de Euskadi; STEPV, do PaÃs Valencià ; STEII-I, das Baleares e USTEC-STEs- Catalunya.
Representantes destes cinco colectivos reunÃronse a comezos de mes en Valencia, nunha xuntanza de traballo onde acordaron estabelecer liñas de colaboración. De xeito especial, unirán forzas a prol da consolidación e protección da lingua propia nas escolas de cada paÃs. Con esa meta achegaranlle propostas comúns aos grupos parlamentarios do Congreso e dos respectivos parlamentos. O primeiro paso dado nesta xuntanza, que cavilan repetir anualmente, é un comunicado conxunto en defensa das linguas propias.
Educar no respecto ás linguas propias
O texto advirte do "monolingüÃsmo español que enxalzan algúns grupos de presión" e censura "as actuacións que algúns gobernos impulsan contra o catalán, o galego e o éuscaro". Os sindicatos asinantes insisten en que para os cativos a consecución dunha boa competencia comunicativa na lingua propia dos seus paÃses prepáraos para un mundo multilingüe, "independentemente de cal sexa a súa lingua familiar". E engaden, "estas son as funcións da escola: asegurar a competencia lingüÃstica, contribuÃr á desaparición das desigualdades e educar no respecto cara ás linguas propias".
"O devandito exercicio de uso pleno das nosas linguas non causa prexuÃzo ningún ao castelán, lingua que ten un espazo propio plenamente normalizado e que conta con máis de 400 millóns de falantes, asà como coa axuda daqueles estados nos cales é lingua oficial", indican. Por este motivo, chaman a non poñer atrancos no camiño da normalización de galego, éuscaro e catalán. Unha normalización que, apuntan, "non só debe remontar séculos de illamento, desprestixio e prohibición, senón tamén mesmo a situación xurÃdica actual, claramente desigual: mentres que da oficialidade do castelán se deriva un deber constitucional de coñecelo que se aplica a toda a cidadanÃa, da oficialidade das nosas linguas non se deduciu un deber semellante, o que repercute nunha evidente discriminación xurÃdica e nunha grave desvantaxe para a xeneralización do seu coñecemento e uso".
Fuente: vieiros




