Economistas

Galega ou andaluza?

Cando semellaba que o matrimonio mal avido formado entre a Xunta e o Goberno central estaban a punto de asinar un acordo que permitise desbloquear a recorrida Lei de caixas, desde Madrid chegou a bomba: rachaba unilateralmente as conversas e anulaba a cita que se tiña que producir onte ás 18.00 horas da tarde. Uns visiblemente anoxados conselleiros de Presidencia e Facenda, Alfonso Rueda e Marta Fernández Currás, denunciaron que a proposta feita vía telefónica ó mediodía polo secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Tarrías, era simple: asinar a lei andaluza ou se suspendía a xuntanza porque "non habería posibilidade de pacto" .

Nunha roda de prensa, o titular de Presidencia manifestou o seu "estupor, indignación e sensación de comprobar o grao máximo de deslealdade" do Executivo español coa Xunta. "A chamada (de Zarrías) era para dicir que, literalmente, ou a reunión servía para que a delegación da Xunta asinase a lei andaluza de caixas ou o mellor era que non fósemos á reunión porque non iamos alcanzar ningún acordo", afirmou. Así mesmo, os representantes da Xunta reprocharon que o Executivo central non aclarou en que consiste a proposta. "Non sabemos o que se debate nestes momentos", apuntou a titular de Facenda.

Rueda explicou que, tras recibir antonte outra chamada de Zarrías para convocar a reunión que estaba prevista para onte, o alto cargo comprometeuse tamén a enviarlle un documento ó Goberno galego para que o encontro servise para "seguir avanzando". Con todo, criticou, a formulación de onte fíxose "sen documentos nin aclaracións" e a Xunta descoñece se a pretensión é asumir "a totalidade" da lei andaluza, o que se refire ós preceptos impugnados ou a aqueles sobre os que aínda non hai acordo.

Fernández Currás recordou precisamente que no encontro do martes pasado, ambos os executivos chegaron a un pacto para a modificación de seis dos puntos recorridos e remitiuse a que este acordo foi posterior á proposta feita o luns do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, de "copiar" a lei andaluza para xustificar que non se aceptase a alternativa de Madrid.


Caballero sabíao á vez que o conselleiro

O "procedente", dixo o conselleiro, sería manter a convocatoria da reunión e debater a proposta nese contexto. Criticou que, ó contrario, as "sorpresas non terminaron" coa chamada de Zarrías, senón que "había outra persoa que coñecía a suspensión: o alcalde de Vigo", Abel Caballero.

Gaspar Zarrías quixo saír ó paso das informacións e onte pola tarde, en declaracións a Europa Press, demandoulle á Xunta que "recapacite" porque é "súa" e partiu do propio Goberno autonómico a proposta de adaptar a Lei de Caixas galega á andaluza. Asegurou que, "no afán de buscar un acordo", trasladoulle ó conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, a disposición do Goberno a aceptar "un texto similar ó espírito" da norma andaluza para dous dos preceptos sobre os que aínda non se chegou a acordo, o que define as maiorías para aprobar as fusións e o da renovación parcial das cúpulas das caixas. Respecto diso, declarouse "sorprendido" pola "intransixencia da Xunta a aceptar o que publicamente foi aceptado polo seu presidente", e precisou que non dan por concluídas as conversas, polo que agarda que a Xunta acepte.

PSdeG: "Queren asaltar Caixanova"

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, afirmou onte a Efe que o que quere o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, "é unha lei para asaltar o Consello de Administración e a Asemblea de Caixanova". Preguntado pola suspensión da reunión, o dirixente socialista recordou que o propio Feijóo dixera, "a todo aquel que lle quería escoitar", que quería "unha lei como a lei andaluza". "Logo de dicir vinte veces: "eu o mesmo que a andaluza", cando llo pon na mesa, di que non lle vale ningún dos dous artigos. Creo que o que non queren é unha lei constitucional ".

Vigo cre que non se adaptan

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, atribuíulle onte a desconvocatoria da reunión entre Goberno e Xunta para proseguir as negociacións sobre a Lei de Caixas de Galicia a que a Administración autonómica "non acepta" adaptarse á Lei de Caixas de Andalucía, tal como, segundo afirmou o rexedor socialista, ofreceulle o Executivo central. Segundo denunciou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, o rexedor olívico facía estas declaracións á vez que a Xunta se enteraba da anulación.
Fuente: galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg