Economistas

Galicia cultiva millo transxénico prohibido en países europeos

Dende 1998, o Estado Español vén autorizando de forma sistemática os cultivos experimentais de sementes con organismos modificados xeneticamente (OGM) como o millo BT, coñecido tecnicamente como Compa CB, patentado por Syngenta Seeds. A estas empresas uníronse nos últimos anos Monsanto e Pioneer Hi Bre -unha filial de Du Pont- ou Bayer, líderes internacionais no seu sector que teñen a Galicia por terra de experimentación. A comunidade sufriu as súas continuas invasións durante once anos do millo NK603 e do MON810 principalmente, un cereal que en 2008 e 2009 se plantou, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente, en Mesía, Val do Dubra, Touro, Arteixo, Vilalba, Chantada, Castro de Rei e Lalín. En 2010, está autorizada a plantación experimental en Galicia de cinco clases de millo transxénico: NK 603, MON810, 59122, 1507 NK603 e 1507, en Mesía, Ribeira,Vilalba e Chantada.

Arzúa será a máis afectada, pois acollerá 2.000 metros cadrados de cultivos de ensaio do millo MON88017 "resistente a insectos coleópteros" e 6.000 metros cadrados máis dos mencionados NK603 e MON810. Se estes cultivos de proba superan os criterios das multinacionais e dos organismos que os regulan, poderán pasar a cultivarse de forma comercial e, polo tanto, utilizarse en alimentos. Os que non superen as probas destruiranse de forma "insegura e contaminante" advirten colectivos ecoloxistas. O Estado Español é o único de toda a Unión Europea que permite os cultivos para fins comerciais de certos tipos de OGM pois normalmente a súa produción comercial está prohibida pola súa falta de garantías, xa que nin sequera deben pasar un trámite previo que avalíe a súa seguridade.

O MON810, por exemplo, é o único transxénico legal que se produce de forma comercial en España, a pesar do amplo rexeitamento cidadán que tivo polas súas posibles consecuencias sociais e medioambientais. De feito, en outubro do ano pasado o devandito ministerio recoñeceu por primeira vez a existencia de persoas afectadas por contaminación dos seus cultivos para a alimentación por polinización de parcelas a carón de onde se produce o MON810.


OCULTISMO

Toda a información arredor dos OGM é confusa e de moi difícil acceso, unha circunstancia agravada polo "ocultismo" da Administración, segundo declaran multitude de asociacións ecoloxistas e grupos políticos, como Amigos da Terra, Sindicato Labrego Galego (SLG), Greenpeace, BNG ou o propio PSOE en moitos concellos. Estes campos de experimentación ao aire libre realízanse en parcelas arrendadas polas multinacionais a particulares ocultando información ou de forma subrepticia para probar nelas distintas variedades transxénicas de millo, patacas, remolacha ou incluso algodón e son un requisito imprescindible para obter un permiso de cultivo comercial de novos tipos de OGM, que aproba a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria e en España o MARM.
Fuente: Xornal de Galciia

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg