Losada quere para A Coruña todas as sedes da posÃbel caixa única
O rexedor coruñés advirte que a cidade é "a capital financieira" de Galicia e non serÃa facilmente explicábel que o deixase de ser.
No caso dunha fusión entre Caixa Galicia e Caixanova "a sede do seu consello de administración, a asemblea xeral, a comisión de control, a obra social, a fundación, as corporacións empresariais, a dirección xeral e a presidencia da nova entidade deben estar na Coruña, porque é a capital financieira de Galicia", sinalou este venres o alcalde herculino, Xavier Losada, nun pleno extraordinario celebrado nesta cidade.
Losada entra asà de cheo na guerra localista que xa abandeira dende hai semanas o seu colega vigués Abel Caballero. O movemento é un claro posicionamento fronte aos plans da Xunta, que pretenderÃa rematar coas liortas norte-sur cun reparto equilibrado de sedes da posÃbel caixa resultante.
Como xa informabamos no pasado mes de setembro, a capitalidade, canda o futuro dos altos cargos, é un dos principais obstáculos (a maiores dos movementos do goberno español) para unha fusión de entidades. Naquel entón, a Xunta non descartaba unha "solución salomónica" que pasarÃa por establecer unha sede central en Compostela e dúas sedes (a operativa e a social) nas outras dúas cidades.
Fuente: vieiros




