Economistas

Máis de 15.000 toneladas de fuel atraviesan A Coruña de punta a punta cada día

"Antes de excavar, llámenos". O cartel permanece pendurado nun pequeno poste de cor laranxa, un estreito tubo rechamante chantado na herba. Un pouco máis arriba, en grande e entre tres exclamacións, a palabra Peligro. Estamos na entrada da Coruña, xunto ao barco de pesca que a xeito de adorno recibe aos milleiros de coches que atravesan a avenida Alfonso Molina. Poucos saben que xusto debaixo, a poucos metros de profundidade, atravesan varias tubaxes que transportan milleiros de toneladas de petróleo e os seus derivados cada día.

É o punto medio aproximado dun percorrido que atravesa de punta a punta e de costa a costa a cidade da Coruña, o único núcleo urbano de Europa occidental de máis de 50.000 habitantes que ten baixo os seus pés un oleoduto. "Un poliduto, para ser máis concretos", rebate un traballador da refinería de Repsol, empresa propietaria desta complexa rede de tubaxes, dos fluídos que por ela circulan e dos terreos baixo os que viaxan.

Por paradoxal que pareza, a mellor forma de percorrer este camiño de petróleo é seguir unha senda verde, un camiño de vexetación que inclúe herba e algunhas vides na maioría das súas zonas. Preto de 6,5 quilómetros que unen o porto petroleiro situado en San Diego coa refinería de Repsol no concello de Meicende (Arteixo).

No peirao, procedentes de grandes depósitos, agroman as 14 tubaxes que se introducen baixo terra, xusto detrás dun polideportivo. O oleoduto é -salta á vista- un gran poliduto. Polo tubo máis grande circula o petróleo dos buques ata a refinería; polas outra tubaxes regresa o produto transformado en gasolina, gasóleo ou outro derivado do crú aos buques ou aos camións cisterna. Así desde hai 46 anos e a un ritmo dunhas 15.000 toneladas ao día. Seis millóns cada ano.

A maior fonte de risco para esta cidade non é tal para a maioría da poboación. Os máis vellos están afeitos; os máis novos pouco saben do que significan eses pivotes negros e amarelos cos que se marca o percorrido do oleoduto nas zonas menos urbanizadas. "O único que sei é que estes terreos son da refinería e que aquí non se pode facer nada; leva aquí toda a vida, pero nunca tivemos problema ningún", comenta unha veciña que pasea os seus cans entre Casabranca e O Castrillón, dous dos primeiros barrios por onde atravesa o petróleo, a tan só metro e medio baixo terra dos seus pés.

Entre leiras con plantacións de leitugas, un cabalo e varias galiñas comeza a introducirse o oleoduto na cidade. Tan só uns metros antes, achegado á vía do tren, circula un anaco ao descuberto. É a única vez que esta enorme serpe se fará visible ata que cambie de concello e chegue a Arteixo.

Cunha anchura duns 18 metros, o poliduto ascende polos Castros e chega ao barrio do Castrillón ata dar cos primeiros edificios, nunca construído sobre un percorrido que flúe sinuoso esquivando centos de bloques de vivendas.

A súa entrada na cidade conmemórase incluso co nome dunha rúa, a Oleoduto, unha estraña denominación para dous carrís separados por unha curiosa mediana. Entre as dúas estradas, un montículo de máis dun metro de alto e cuberto de céspede marca a viaxe costa abaixo dunha infraestrutura que dá nome a toda a zona.

A presenza do poliduto explica estes cambios de desnivel do terreo nos outros barrios atravesados por estes 14 tubos. O céspede que os cobren é aproveitado por moitos veciños para pasear e, no seu camiño, non é difícil que se atopen cun acompañante habitual.

Unha empresa de seguridade contratada pola refinería encárgase da vixilancia do oleoduto e os gardas percorren dúas veces ao día os 6,4 quilómetros polos que transcorren as tubaxes. "Aínda hai pouco estiveron por aquí revisando algunhas zonas", relata unha veciña que, como moitos outros, saúdan cada día a estes traballadores. "Controlan que non se fagan obras ou buratos sobre o terreo", relata Jacinto Longueira, delegado de prevención na instalación de Repsol.

Ata non hai moito, eran traballadores da propia refinería os que se encargaban desta vixilancia. Agora, malia ser externos, deben ter unha estreita vinculación coa empresa, que "procura que os controis diarios sexan realizados sempre polo mesmo persoal".

Pero ademais, varias cámaras gravan continuamente as zonas por onde atravesa o oleoduto. En Casabranca, unha delas apunta directamente aos terreos onde un home recolle leitugas. No Barrio das Flores, por onde continúa viaxando o ouro negro, enfocan tamén a ambos os dous lados das estradas. Nesta zona, entre a rúa Tulipáns e a dos Nardos, o camiño do petróleo vén marcado por dous pequenos pivotes en cada beira, desta vez oxidados e moito máis discretos.

No entanto, o oleoduto non pasa desapercibido neste barrio onde a principal zona verde se debe ao seu percorrido. "Podes seguilo fixándote nestas pequenas marcas", di un home que recoñece non saber "de ningún problema" relacionado con esta instalación, aínda que si lembra "protestas na zona cando se construíu".

Outros recordan tamén as historias que lles contaban aos seus amigos cando eran cativos. "Vivo debaixo dun oleoduto de petróleo", dicían, destacando a peculiaridade dun barrio que sempre advertiu o risco máis como unha curiosidade que como un perigo real.

O control por parte de Repsol é exhaustivo e á marxe da vixilancia diaria, a empresa realiza revisións periódicas máis detalladas. "Denomínase sistema PIG e consiste en comprobar as tubaxes para detectar a través dun aparello a posible perda de espesor ou as tolerancias á corrosión", destaca Jacinto Longueira.

Malia esta vixilancia, hai zonas do oleoduto que están máis protexidas. Despois do Barrio das Flores, as tubaxes continúan o seu camiño a través dun túnel illado con reixas e marcado, outra vez, cos pivotes amarelos e negros, moito máis chamativos que os que atravesan as zonas habitadas e que diferenzan claramente entre os ámbitos rurais e os urbanos.

O oleoduto continúa e atravesa Alfonso Molina, a estrada máis transitada da cidade, pero na súa peregrinaxe esquiva as casas, a inmensa maioría delas construídas despois de 1964, cando os barrios non eran barrios senón aldeas. No entanto, centos de deportistas pisan cada día sobre estes tubos. O campo de Elviña, onde xoga o Montañeros de Segunda B, entre outros, é atravesado pola infraestrutura.

Nin o Montañeros nin o Deportivo, máximos representantes futbolísticos da cidade, teñen entre os seus apoios económicos a Repsol. Tampouco o resto de equipos doutras disciplinas deportivas. Todo malia que o oleoduto e a refinería condicionaron a fisionomía da urbe e dos barrios.

Elviña é das últimas zonas densamente habitadas por onde transcorren os 14 tubos camiño de Meicende. Pouco despois do campo de fútbol, adéntrase de novo nunha das últimas aldeas que quedan na Coruña, San Cristovo das Viñas. Alí volven aparecer os pivotes negroamarelos e a senda verda confúndense entre plantacións varias a un e a outro lado.

Os condicionantes nesta zona son evidentes. Ao carón dun dos carteis que advirten da imposibilidade de facer excavacións e do perigo do oleoduto, varios obreiros e camións traballan nas obras dunha futura liña do AVE e da terceira ronda. "Antes de excavar llámenos", repite un aviso canda un campón onde son habituais as explosións controladas para abrille paso á futura vía do tren de alta velocidade. Aquí a seguridade semella máis necesaria que en ningures.

A pesar de todo, poucas voces, nin desde a Administración nin desde os veciños, levantan a voz. "Hai que ter en conta o enorme grosor que teñen estas tubaxes e a vixilancia constante á que son sometidas", insiste Jacinto Longueira, o delegado de prevención en Repsol que explica as dificultades de que se produza un accidente. "Os depósitos non poden rebentar ao estar metidos dentro dunha malla e, no caso dunha fuga, afloraría sempre; isto non pode estoupar nunca", insiste con convicción. Tanta, que non o dubida: "Risco? Eu deixaría xogar ao meu fillo e incluso poría unha tenda de campaña enriba".

O oleoduto segue o seu camiño e pérdese de vista polo polígono da Grela, que percorre para chegar ata Meicende. Alí o petróleo acaba nos inmensos depósitos que arrodean a refinería. Atrás deixa oito barrios (Os Castros, Casabranca, Eirís, Castrillón, Barrio das Flores, Elviña, San Cristovo das Viñas e A Grela), case sete quilómetros e miles de cidadáns que conviven con milleiros de toneladas de petróleo baixo os seus pés cada día.

Ninguén quere mencionar o risco, nin tan sequera o dun terrorismo que ultimamente sitúa os oleodutos entre os seus obxectivos. "Entendo que aludir a iso é intentar facer dano", di un operario de Repsol. O propio Francisco Vázquez, ex alcalde da Coruña, falaba da "bomba controlada" cando se refería a esta rede de tubaxes.

Mañá, un día máis, outro buque atracará no porto petroleiro e ciscará o seu produto nun destes inmensos tubos. Pero en breve, e de cumprírense as previsións, o remate do Porto Exterior fará desaparecer o oleoduto. Daquela, a rúa que leva o seu nome quizais cambie (ou non) a súa denominación. Case tantos anos despois como as que conservan denominacións franquistas.
Fuente y autor: MIGUEL PARDO/O Xornal de Galicia

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg