O comisario de Transportes da UE insta a fixar portos refuxio para as catástrofes
O dÃa despois da reunión informal de ministros europeos que se celebrou na Coruña, a cidade acolleu un segundo cumio sobre seguridade marÃtima, desta volta privado, entre o novo comisario de Transportes da UE, Siim Kallas, a directora de Salvamento MarÃtimo, MarÃa Esther González Saavedra, a secretaria de Estado de Transportes, Concepción Gutiérrez del Castillo, e a directora xeral de Mariña Mercante de Fomento, Isabel Durántez. Tras o encontro, Kallas avogou por cumprir coas medidas aÃnda pendentes para evitar catástrofes marÃtimas en lugar de engadir novas leis. AsÃ, instou os paÃses europeos a establecer portos refuxio que acollan os barcos en caso dunha nova traxedia.
O estonio, quen se estreou no seu cargo na cidade coruñesa, cualificou como "absolutamente necesaria" esta medida, da que tantas veces se falou e para a que aÃnda non hai respostas, ante a posibilidade de que se repitan casos como o do Prestige. Despois da reunión coas autoridades españolas na torre da CapitanÃa MarÃtima, Kallas insistiu na importancia de habilitar lugares "que deben estar preparados para dar a resposta que cada barco poida necesitar". O ex primeiro ministro de Estonia recoñeceu que tiña un "interese particular" por visitar Galicia só uns dÃas despois do seu nomeamento, para coñecer de primeira man o lugar no que se produciu o accidente do Prestige en 2002. Ademais, como xa fixera o dÃa anterior, incidiu nas consecuencias positivas que tivo esta catástrofe no debate sobre a aplicación de normas de seguridade no transporte marÃtimo.
"Antes do Prestige habÃa discusións na UE acerca de eliminar os barcos de casco sinxelo, e despois do Prestige existe unanimidade acerca de impoñer a súa prohibición e a obrigatoriedade do dobre casco", subliñou. Asà mesmo, incidiu na importancia de que "cada Estado" vele polo cumprimento das normas.
Kallas descartou nova lexislación e aclarou que "non se está a pensar en cambios drásticos", senón nun "reforzo" e un control a través da Axencia Europea de Seguridade MarÃtima (EMSA), que fai auditorÃas periódicas "que reflicten o nivel de cumprimento" de cada Goberno. Puxo como exemplo a "capacidade loxÃstica de todos os departamentos encargados da seguridade, os medios dispostos e todo o que se fixo" en Galicia na traxedia do Prestige.
Fuente: O Xornal de Galicia




