Economistas

O Concello da Coruña presenta a Onda Verde, un carril bus virtual que se implantará no 25% da rede semafórica da cidade

yoyaneira.jpg

A concelleira de Transportes, Yoya Neira, presentou o proxecto Onda Verde, unha iniciativa que permitirá a mellora da mobilidade na cidade porque outorga preferencia de paso aos autobuses fronte aos vehículos privados nas cruces semafóricos, co que mellora a súa media de velocidade e reduce a súa frecuencia. Este proxecto é un auténtico ?carril bus virtual? que complementa a instalación de carrís bus físicos e cumpre o mesmo obxectivo de lograr unha mobilidade máis eficiente, menos contaminante e máis sustentable.

A onda verde é un sistema de control de paso dos autobuses urbanos a través da rede semafórica que permite que, cando un autobús se achegue a unha intersección predeterminada, o sistema interior de control de tráfico lle outorgue prioridade de paso respectando, loxicamente, os tempos preestablecidos no seu ciclo. En cada intersección semafórica prodúcese un aforro de tempo de ata 15 segundos, polo que cada catro semáforos pódese mellorar ata un minuto a frecuencia da ruta.

O sistema, que se implantará no 25% da rede semafórica da cidade, esixe a instalación dun emisor nos autobuses e un receptor nos semáforos. Cando un autobús cun dispositivo emisor se achega a unha intersección semafórica regulada por onda verde, o emisor emite un sinal que capta o semáforo receptor. O devandito sinal é enviado ao centrol de control de tráfico onde se xestiona todo o sistema informático da rede semafórica introducíndose no seu ciclo electrónico e pedíndolle prioridade de paso. O sistema intelixente respecta os ciclos intermedios e actúa en función da demanda de tráfico das vías alternativas, co fin de non conxestionar a circulación na súa contorna máis próxima.

Trátase en definitiva dun sistema intelixente de prioridade de paso ao transporte público pero que ten en conta o tráfico circundante. A iniciativa reflicte a aposta clara e sinatura do goberno municipal pola mobilidade e o transporte público. Un compromiso que se traduce na continua mellora e modernización da flota de autobuses e dos servizos á cidadanía, na implantación do carril bus e das paradas intelixentes.

Compromiso coa mobilidade

A presentación deste sistema realízase dentro das actividades programadas ao redor da realización na cidade do cume europeo dos transportes, que reunirá os responsables de Transporte da UE con motivo da Presidencia española.

Con motivo deste cume europeo, o Concello da Coruña organizou un programa de visitas guiadas á Sala de Pantallas do 092 e ás Cocheiras, sede da Compañía de Tranvías. O goberno municipal pretende achegar máis á cidadanía o labor que se desenvolve na Coruña en materia de tráfico e mobilidade, así como os últimos proxectos.

Así, dende hoxe e ata o 12 de febreiro a Sala de Pantallas do 092 na Estación de Autobuses permanecerá aberta ao público entre as 17 e as 18 horas, onde un axente informará aos visitantes sobre o seu funcionamento.

Ademais, organizáronse visitas de escolares para as dúas próximas semanas. Así, os días 1, 2, 3 e 4 serán alumnos do colexio Puga Ramón os que visitarán as instalacións, mentres que os días 8, 9 e 10 farano alumnos do colexio de Eirís.

Ademais, o día 9 programouse unha visita da Policía Municipal ao colexio Puga Ramón e o día 11 ao colexio Obradoiro, onde se ofrecerán sendas charlas sobre mobilidade, tráfico e seguridade.

Visitas a Cocheiras

O xoves, día 4, haberá unha visita guiada ás Cocheiras de Tranvías, para que a cidadanía coñeza as instalacións e a sede da Compañía de Tranvías. Nesta primeira visita participarán usuarios de centros cívicos da cidade, que serán recollidos nos centros cívicos de Monelos e dos Mallos e trasladados a Cocheiras.

Os participantes visitarán as instalacións de cocheiras dos tranvías, na zona de Monte Alto, e a continuación visitarán as cocheiras de autobuses, nos Rosales. Un guía explicará a historia da Compañía de Tranvías, a recuperación histórica do tranvía, e as medidas e iniciativas do goberno municipal pola mobilidade e o transporte público (carril bus, novas liñas, tarxeta Millennium, transporte universitario....) así como o proxecto de metro lixeiro.

Simulador de tráfico

Tamén, como complemento das actividades dirixidas á cidadanía durante estas dúas semanas, a Policía Municipal instalará o Simulador de Tráfico do 1 ao 5 de febreiro no Centro Comercial de Catro Camiños, entre as 17 e as 20 horas, que poderá utilizar calquera cidadán para coñecer as normas de tráfico. A semana seguinte, entre os días 8 e 12, e co mesmo horario, o Simulador de Tráfico estará no Centro de Ocio do Porto.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg