Economistas

O Goberno de Feijóo, aínda máis só

galego.gif

O Goberno de Feijóo quedou aínda máis só na súa defensa das bases que presentou para a a elaboración do novo decreto que regulará o uso do galego no ensino. O Consello da Cultura Galega (CCG) expresou onte, de xeito oficial, o seu rexeitamento a este borrador, a través do seu ditame sobre o mesmo. E aínda foi máis aló do que se agardaba á luz do que transcendera á prensa sobre a filosofía deste informe.

"Non se pode tratar igual o que é desigual", lembrou o presidente do Consello, Ramón Villares, na presentación dun ditame que reivindica o Plan xeral de normalización lingüística (PXNL) como referencia básica para calquera actuación no ámbito da política lingüística.

O máximo órgano consultivo do país en materia de cultura demandou o mantemento do principio do "polo menos o 50 por cento" das materias en galego que establece o PXNLG, -aprobado por unanimidade no ano 2004-, que o decreto vixente, o 124/2007, incorpora, e o actual Goberno propón substituír por un máximo do 33 por cento en galego, -ou 50 por cento mentres non sexa posible impartir o terzo de inglés prometido nas bases-.

O CCG sumouse, así, aos sindicatos, partidos, asociacións e institucións -a Real Academia Galega entre elas- que manifestaron a súa oposición ás bases presentadas polo Goberno, -todas as preto de trinta consultadas pola propia Xunta, agás catro, entre elas o PP-."Temos dúas linguas oficiais cun status distinto, e os poderes públicos deben facer un esforzo por promocionar o galego", -afirmou Villares-.

O coordinador da comisión executiva que nomeou o grupo de expertos autores do informe, Henrique Monteagudo, asegurou que "algunhas previsións das bases" propostas polo Goberno do PP "probablemente serán fonte de conflitividade". E subliñou que, malia que o ditame do CCG se centra en "aspectos sociolingüísticos e pedagóxicos", existe un claro "mandato legal de promoción do galego", derivado da Constitución, do Estatuto e da Lei de normalización lingüística, que esixe ademais a aplicación dun "principio de progresividade que os catro presidentes autonómicos: Albor, Laxe, Fraga e Touriño" respectaron e que, "por primeira vez", se racha coas "bases" presentadas polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo.

O Consello indica no seu ditame que se o obxectivo é acadar o equilibrio entre o galego e o castelán, e dado que o castelán é o idioma hexemónico "desde o punto de vista da valoración social e da presenza no universo vital dos escolares", a previsión de pasar do mínimo do 50% fixado no decreto 124/2007 ao máximo do 33%, "non pode considerarse nin equitativa nin equilibradora, máis ben todo o contrario".

O informe rexeita a "descualificación" que as bases deixan caer respecto do modelo de inmersión na lingua minorizada, estratexia, -salienta o CCG-, "legalmente avalada", de "acreditada eficacia" nas situacións de "bilingüismo social asimétrico" para a "capacitación nas dúas linguas para os falantes tanto da unha como da outra". "Hai que pasar a un marco flexible", -apuntou Monteagudo-, que poida aplicarse "segundo as posibilidades do centro e contexto sociolingüístico".

A Consellería de Educación respondeu que "non pode estar de acordo" co modelo de inmersión que ao seu ver propón o CCG -Monteagudo aclarou que o ditame "non di que o Goberno teña que aplicar" esta estratexia-. "A Xunta considera inconveniente o sistema de inmersión en calquera lingua, considerando, ademais, que ese é o sentir maioritario do pobo galego", asegura a consellería dirixida por Jesús Vázquez a través dun comunicado.


Rexeita as liñas básicas das bases

O CCG rexeita liñas básicas das previsións das bases do novo decreto como a elección por parte dos pais, o 33% da docencia en inglés e a "libre elección" da lingua nas aulas por parte dos alumnos. Respecto ó idioma da admistración educativa, o CCG propón volver á expresión "utilizarán, con carácter xeral, a lingua galega" recollida no decreto vixente, -aprobado polo bipartito-, no canto de utilizar os termos "promoverase a utilización da lingua galega" das bases do PP. Para a educación infantil, o ditame do CCG recomenda cumprir o recollido no PXNL, é dicir, establecer "unha oferta educativa en galego" para nenos de 0 e 3 anos, "a utilización do galego como mínimo nun terzo do horario" nos contextos nos que a lingua predominante sexa o castelán, e "desenvolver programas experimentais en galego para castelanfalantes".

O Consello estima preferible que a lingua materna predominante sexa determinada polo claustro, segundo os datos científicos, e non só polos pais, como propoñen as bases do Goberno actual. Así, o ditame do CCG avoga por fixar un mínimo de galego en infantil nos contornos castelanfalantes, como fai o decreto 124/2007, ao contrario das bases do PP. Respecto do inglés, o Consello considera "desaconsellable desde o punto de vista pedagóxico e inviable na práctica" utilizar "unha lingua estranxeira como lingua vehicular nun terzo do horario lectivo", e ademais recomenda tratar a cuestión do inglés nunha norma distinta que a que vaia regular o uso das dúas linguas oficiais. En calquera caso, indica que a introdución do inglés "non deberá facerse á conta do horario de uso dunha soa das dúas linguas oficiais".

"A utilización da lingua estranxeira debe ser introducida de xeito gradual e voluntario", opina o CCG, en confluencia coa circular dirixida pola Consellaría de Educación ao profesorado e as declaracións recentes tanto de Jesús Vázquez como de Anxo Lorenzo.


Nin elección dos pais nin idioma de preferencia na aula

Para primaria, secundaria, bacharelato e FP o Consello avoga por que un repartimento do 50% de galego e o 50% de castelán sexa o "marco de referencia xeral flexible", que terá que adaptarse "aos distintos contextos", tendo en conta o principio de "como mínimo, o 50% da docencia en galego" que recolle o PXNLG. O CCG rexeita, por outra banda, a previsión das bases sobre a elección dos pais nalgunhas materias troncais, por considerala fonte de "tensións e conflitos" e "invasiva" das competencias da Administración. Neste sentido, a opinión do Consello achégase ao indicado por Anxo Lorenzo nas súas declaracións recentes sobre o posible carácter non vinculante das consultas aos pais. -O CCG propón que, de querer coñecer, para efectos orientativos, a opinión das familias, o Goberno encargue informes a través de centros como o Instituto de Educación-.

O Consello tamén cre que "a previsión xenérica" das bases de que o alumnado "utilice nas aulas e nos exames o idioma da súa preferencia" carece "de lóxica educativa". Anxo Lorenzo declarou, neste aspecto, que se estudaría a posibilidade de volver á previsión do decreto do 1995, que di que "o alumnado debe procurar utilizar a lingua na que se imparta a materia" , fronte ao do 2007, que se decanta pola expresión o alumnado "utilizará, con carácter xeral" o galego nas áreas que se imparten en galego.
M. DOPICO/galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg