O PPdeG vota en Vilariño de Conso en contra do decreto
O concello de Vilariño de Conso (Comarca de Viana) converteuse este luns no primeiro de toda Galiza en manifestarse en contra do decreto do galego no ensino, proposto pola ConsellarÃa de Educación. Este municipio, con alcalde do PPdeG, aprobou por unanimidade unha moción impulsada polo BNG na que se demanda a retirada do texto e que considera "unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un Goberno que maltrate e desprece a lingua propia do noso PaÃs".
A moción aprobada insta á Xunta a que cumpra coas súas obrigas estatutarias en normalización da lingua propia de Galiza e pÃdeselle ao Executivo que "retome o consenso polÃtico e social que quedou consagrado na Lei de Normalización LingüÃstica e no Decreto 124/2007". A iniciativa, que contou co respaldo de PPdeG, PSdeG e BNG, será debatida tamén noutros concellos.
Fuente: vieiros




