O que Feijóo quere é unha lei para asaltar Caixanova

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, afirmou onte que o que quere o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, "é unha lei para asaltar o Consello de administración e a Asamblea de Caixanova". Preguntado pola suspensión da reunión prevista hoxe entre o Goberno e a Xunta sobre a Lei galega de Caixas, recorrida polo Executivo central, o dirixente socialista lembrou que o propio Núñez Feijóo dixera, "a todo aquel que lle querÃa escoitar", que querÃa "unha lei como a lei andaluza".
Vázquez apuntou que os dous asuntos fundamentais son como decidir a fusión e como renovar os órganos, e agregou que, como di a Lei andaluza e "todas as leis de España e o LORCA", a maiorÃa simple decide o quorum e dous terzos dos asistentes, a fusión, igual que na renovación dos cargos: seis meses para renovar os estatutos e seis meses para elixir os membros das novas asembleas e o consello de administración.
O secretario xeral socialista criticou de Núñez Feijóo que, "despois de dicir vinte veces: 'eu o mesmo que a andaluza', cando se lle pon enriba da mesa, di que non lle vale ningún dos dous artigos". "En definitiva - subliñou -, eu creo que Feijóo está demostrando todos os dÃas, e o Goberno galego, que non quere unha Lei constitucional, nin unha Lei como teñen todas as Comunidades. O quere unha Lei para asaltar o consello de administración e a asemblea de Caixanova".
Para Vázquez, o presidente galego "ten que parar xa de seguir facendolle dano ás entidades, aceptar os comportamentos democráticos e entender dous temas importantes: Que a Lei é igual para todos, que non hai leis especiais para Feijóo, e que a decisión sobre as fusións é das asembleas das caixas, non as decide o presidente do Goberno de Galicia". Manuel Vázquez acusou o presidente galego de desexar "o control polÃtico das caixas ", no que considerou que "está só e, o que é peor, pondo en grave risco o futuro do aforro galego", ao que está "metendo nunha rúa cega sen saÃda".
Tras propor unha reunión en que as caixas, as formacións polÃticas e o Goberno galego "decidan e pacten un futuro", opinou que o problema é que "hai un presidente empeñado en dicir que hai unha conxura mundial contra Galicia, que só está na súa cabeza". Por iso, recomendoulle que "abandone esa visión paranoica, porque non hai ningunha persecución contra ninguén".




