Perigo de construtoras á carreira a "pillar cacho" de costa
O próximo 17 de maio caducará a moratoria estabelecida sobre os 500 metros desde a liña de mar a través da chamada Lei de Medidas Urxentes. A norma fora aprobada polo bipartito e renovada no inicio de lexislatura polo actual Goberno. Agora, a fin da prórroga coincidirá co perÃodo de tramitación do Plan de Ordenación do Litoral (POL) en marcha.
Neste escenario, desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), advirten de que se pode provocar no sector da construción "unha carreira desaforada por pillar cacho" antes da aprobación definitiva do POL, arramplando con zonas "liberadas" durante ese "perÃodo transitorio". Adega chama a atención sobre a redacción do artigo 3 que, indican, deixarÃa amplas "zonas francas" libres de cumprir a regulamentación propia ao respecto da protección ambiental, mellora paisaxÃstica e ordenamento. Sinalan por exemplo que durante os dous anos de prazo que terán os concellos para a adaptación ao POL, haberá solos urbanos, núcleos rurais e zonas de ampliación, planificadas con pouco ou ningún criterio ambiental, "e moitas veces ao ditado das construtoras", que tamén quedarÃan fóra da protección.
Por todo isto, desde Adega consideran imprescindÃbel que durante o trámite de aprobación do POL, se manteñan as medidas cautelares, "ben prorrogando a vixencia da moratoria (o ideal) ou ben a través da normativa do propio POL". "SerÃa unha medida profiláctica contra a especulación e que transmitirÃa unha mensaxe clara aos concellos: hai sobre a mesa en tramitación un plano que traballa con criterios obxectivábeis, aberto a propostas e que pode ser modificado puntualmente: implÃquense na súa mellora", expoñen os ambientalistas.
Fuente: vieiros




