Economistas

PSOE e BNG din que no último ano o PP só gobernou para atacar a lingua

galego.gif

O PSdeG-PSOE fixo onte balance do ano pasado desde a vitoria electoral do PP para concluír que "un ano despois Galicia está moito peor". A deputada Mar Barcón e o secretario de Organización, Pablo García, salientaron que "o único que significou este ano foi máis paro, máis pobreza e máis tempo de espera por servizos públicos".

Barcón exemplificou as "cifras negativas" que supuxo, ao seu xuízo, o Goberno de Alberto Núñez Feijóo: "250.000 persoas en lista de espera sanitaria, 20.000 persoas máis no paro, 30.000 afiliados menos na Seguridade Social, 54 empresas que pechan cada día, máis de 50.000 familias sen axuda para os libros de texto, deixou sen licitar a metade da obra pública que tiña que licitar e vai retirar 200 millóns de euros das políticas de emprego". Tras esta lista de "números negativos", Barcón salientou que a Xunta si veu "crecer" outras cifras como "os milleiros de persoas na rúa manifestándose polo idioma, polo emprego ou por un hospital público en Vigo". A socialista tamén criticou que outro dos conceptos que aumentaron foron "os 300 e pico vehículos que o conselleiro de Presidencia ten comprado neste ano".

Fronte a esta situación, os socialistas consideran que "só a oposición, os concellos e o Ministerio de Fomento fan cousas en Galicia". Así, puxo como exemplo de desleixo de funcións ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, do que dixo que, en vez de encabezar un gabinete de crise polo temporal, "está estupefacto" polo conflito coa Lei de Caixas e "deixa que as decisións as tomen outros".

Pola súa banda, Pablo García recoñeceu que a derrota de hai un ano foi "traumática por inesperada" e indicou que, a nivel interno, o PSOE valora este ano como un período "de fortaleza e dinamismo". Neste senso, lembrou que se organizaron cinco congresos -un a nivel autonómico e catro provinciais- que se saldaron "a diferenza doutros partidos, con consenso". Para os próximos meses, García confirmou que en xuño o PSdeG celebrará una conferencia política para definir as súas liñas de actuación.
Fuente: vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg