Queremos Galego eleva ao Consello de Europa as súas denuncias contra a polÃtica 'lingüicida' do goberno de Núñez Feijóo
A plataforma cidadá mantivo un encontro con Simone Klinge, do secretariado do Consello de Europa para a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Unha representación da Plataforma cidadá Queremos Galego mantivo no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela un encontro con Simone Klinge, integrante do secretariado do Consello de Europa para a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (CELRM), aproveitando a súa presenza en Galiza.
A delegación de Queremos Galego entregou á representante europea un breve informe no que se indican os principais incumprimentos por parte do actual goberno da Xunta de Galiza do dito tratado internacional, asinado polo Estado español e ratificado polas Cortes en 2001, sendo presidente do goberno José MarÃa Aznar e tendo o Partido Popular maiorÃa absoluta en ambas as cámaras.
No informe achegado, que será completado con outro máis extenso nun futuro próximo, faise especial fincapé na "máis que preocupante" situación de "desprotección" na que quedarÃa o galego no ámbito do ensino, caso de aprobarse o formulado nas chamadas Bases para a elaboración dun decreto de plurilingüismo presentadas o pasado 30 de decembro polo propio Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Unhas "bases" que, como Queremos Galego e as diferentes organizacións que a integran xa advertiran, van en contra dos compromisos estabelecidos na Carta europea.
Exemplo "significativo" do ámbito educativo para Queremos Galego do "retroceso" que está a padecer a polÃtica lingüÃstica desde a chegada de Alberto Núñez Feijóo ao goberno é o "desmantelamento" das rede infantil de galescolas, un modelo que tal e como recordou Carlos Callón "recibira os eloxios do Comité de Expertos do Consello de Europa" no informe sobre a aplicación da Carta de 2008.
O documento achegado a Simone Klinge inclúe tamén apartados referidos a ámbitos como a xustiza, os medios de comunicación, as autoridades administrativas e servizos públicos ou a vida económica e social.
Malia a avaliación negativa emitida polo Comité de Expertos nos seus informes sobre o grao de aplicación da Carta no Estado e en Galiza, tanto en 2005 como en 2008, Queremos Galego sinalou que neste tempo "non se fixo nada ou case nada" por avanzar cara aos obxectivos comprendidos no tratado internacional ou mesmo houbo, como no caso da Función pública ou os medios de comunicación públicos, "retrocesos importantes", como a eliminación do artigo 35 da Lei da Función Pública en xuño de 2009 e, con el, a parte especÃfica en galego nas probas de acceso laboral ás administracións.
Tendo en conta a actual situación, "hai poucas dúbidas de que o próximo informe a presentar polo Comité de Expertos será con diferenza o máis crÃtico" sobre a situación do galego e o grao de aplicación da CELRM, dixo Carlos Callón, quen recordou que o dito Comité do Consello de Europa "sempre tivo en conta a opinión dos colectivos sociais en defensa do galego" e as súas achegas.
Por súa parte, a representante do secretariado do Consello de Europa para a Carta europea agradeceu a posibilidade de reunirse e escoitar a voz de colectivos sociais e cÃvicos como Queremos Galego e indicou que a partir de abril o Comité de Expertos voltará para continuar co proceso de elaboración do terceiro informe sobre o grao de aplicación da Carta europea.
Siomone Klinge recordou que os diferentes estados subscritores da CELRM puideron ter escollido diferentes niveis no seu grao de aplicación, escollendo o Estado español no seu dÃa o nivel máximo. "A ratificación polos parlamentos dos estados implica a obriga legal do seu cumprimento", afirmou.
Fuente: A Mesa




