"Radical é o que desfai todo o feito polo galego nestes anos"
O novo presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, respondeulle onte ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que os "radicais" non son os que participaron na manifestación en contra do borrador do decreto do galego senón "o que desfai todo o que se fixo en todos estes anos" a prol da lingua propia. FerrÃn tamén está a favor de defender o galego en Asturias.
O novo presidente da Real Academia Galega (RAG),o escritor Xosé Luis Méndez FerrÃn, declarou onte que "a situación de pobreza na que vive a RAG é unha ofensa para o pobo galego". A pesar de mostrarse moi agradecido en nome da asociación, a todas as deputacións e entes privados polas axudas que lles ofrecen, puntualizou que "asà non se pode vivir".
FerrÃn, nunha entrevista con RNE, asegura que un dos obxectivos da nova directiva da RAG é estar nos orzamentos da Xunta e do Goberno central, dos que permanece ausente. A institución tampouco dispón de fondos propios, senón que sobrevive grazas ás axudas voluntarias proporcionadas polas deputacións que teñen un "compromiso histórico con ela", como é o caso do concello da Coruña, ou das que ofrecen o seu apoio ocasionalmente.
FerrÃn, que se reunirá co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e co resto de partidos polÃticos para chegar a un acordo parlamentario sobre a situación económica da RAG, sinalou que se necesitarÃa algo máis dun millón de euros para chegar a "unhas condicións mÃnimas" coas que se poida pagar os traballadores e cubrir outros gastos da entidade. "Os académicos traballan en réxime de voluntariado, aquà non hai soldos", pero "iso si, están moi satisfeitos con que asà sexa, non reclaman nada".
Sobre a declaración feita por Núñez Feijóo de que os participantes na manifestación contra o borrador do decreto eran "nacionalistas con comportamento radical", FerrÃn respondeu que "ao meu entender, querer conservar un decreto inalterado pola normalización lingüÃstica é ser conservador", e engadiu que "ser radical é querer desfacer todo o que se fixo en todos estes anos polo galego".
Fuente: galicia hoxe




