Xunta e goberno español achegan posicións sobre a lei de caixas
"Moderadamente optimista". Era a definición que a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, facÃa este martes a última hora ao respecto da evolución das negociacións entre a delegación da Xunta e o goberno español ao respecto da lei de caixas de Galicia. Fernández Currás mesmo apuntou que o consenso entre as dúas administracións poderÃa chegar non necesariamente a través da modificación da norma, senón incluso coa vÃa do que cualificou de "acordo interpretativo dalgún dos preceptos analizados".
Pola súa banda, o conselleiro de Presidencia, Afonso Rueda, indicou que na reunión deste martes non existiu ningún punto no diálogo "no que dixeramos que non hai posibilidade de acordo", e amosouse optimista ao respecto da nova xuntanza este mércores. Insistiu Rueda en que os apartados impugnados no texto galego "son similares ás doutras autonomÃas" nas que non se recorreu.
Por outro lado, en representación do goberno español, o secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar ZarrÃas, explicou que a negociación continuará durante o mércores en sesións de mañá e tarde co obxectivo de deseñar unha" redacción alternativa da lei autonómica" que permita ao Estado retirar o recurso, algo que, dixo esperar que "sexa posÃbel".
Fuente: vieiros




