A A-8, lista no 2011
Nada de demoras. O ministro de Fomento, José Blanco, ratificou onte que a autovÃa do Cantábrico (A-8) entrará en servizo "na súa totalidade" antes de que finalice o ano 2011, a pesar das "dificultades técnicas" que, segundo explicou, se rexistraron "nun dos seus tramos". "Hai que priorizar, pero sen renunciar a obras estratéxicas", certificou na súa visita de supervisión ao comezo dos traballos do tramo GuntÃn--Palas de Rei da autovÃa A-54, de Lugo a Santiago de Compostela, na que tamén asegurou que o Goberno "manterá intacto" o seu compromiso de licitar este ano máis de 3.200 millóns de euros para impulsar o AVE na comunidade.
José Blanco precisou que a comunidade nunca recibiu "unha cantidade semellante" de licitación e explicou que o tramo da A-54 cuxas obras inaugurou onte -cun trazado de 15,4 quilómetros- contará cun investimento de máis de 82 millóns de euros."Co inicio das obras neste tramo, cerca do 70% da A-54 está en construción", resaltou o titular de Fomento. De feito, tamén se atopan en execución os tramos Nadela-Vilamoure, Vilamoure-Monte de Meda, Monte de Meda-GuntÃn e Arzúa-Lavacolla.
O tramo discorre polos municipios de GuntÃn, Monterroso e Palas de Rei, na provincia de Lugo. Comeza no enlace de GuntÃn, á altura do punto 21 da estrada N-547, e de- senvólvese ó norte da mesma, finalizando no enlace de Palas de Rei no punto quilométrico 36,6 da estrada nacional. O departamento que dirixe José Blanco prevé a construción de tres enlaces: GuntÃn, estrada autonómica a Friol (LU-231) e Palas de Rei (oeste). Igualmente, este tramo de autovÃa está formado por dous carrÃs de 3,50 metros de ancho, beiravÃas exteriores de 2,50 e interiores dun.
Vigo-Pontevedra, vital para desconxestionar Rande
No transcurso do acto, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio, e Infraestruturas, AgustÃn Hernández, requiriulle a Blanco que "impulse" os tramos pendentes das autovÃas do interior de Galicia. A modo de exemplo, Hernández explicou que para a vertebración interior da comunidade é "fundamental" a autovÃa que discorrerá entre Ourense e GuntÃn e que conectará co tramo visitado onte para chegar desde a cidade auriense ata Lugo.
Na liña, apuntou que a autovÃa destinada a unir Vigo e Pontevedra, que dará unha saÃda alternativa á autoestrada do Atlántico que enlaza ambas as dúas cidades a través da ponte de Rande, e mellorará a conexión con Ourense e a Meseta, aÃnda está dando "os pasos iniciais" xa que a maior parte dos seus tramos están en redacción do proxecto e, en dous deles, aÃnda non está finalizada a fase de estudo informativo.
"Son infraestruturas importantes", destacou o conselleiro e incidiu en que requiren "un forte impulso" posto que, cando estean finalizadas, conseguirán que as sete grandes cidades de Galicia estean conectadas entre si por autovÃa ou autoestrada, "un fito necesario e urxente" para garantir "o equilibrio territorial" entre costa e interior.
Ben arroupado politicamente Unha pegada "imborrable" Queda reaberta ó tráfico a N-540 e Feijóo confirma a autovÃa para Noia
A estrada nacional 540 xa está operativa, tras o corte o tráfico que sufriu durante os últimos dÃas. O ministro de Fomento, José Blanco, anunÂciou onte a reapertura do viario en GuntÃn (Lugo) ó mediodÃa, logo de permanecer cortada desde o martes polos danos provocados polo último temporal. O ministro fixo o anuncio durante unha visita á provinÂcia lucense, onde supervisou o inicio das obras do tramo GuntÃn-Palas de Rei da nova autovÃa que unirá a cidade das murallas con Santiago de Compostela (A-54).
A estrada quedou cortada o martes pasado, por mor dunha ponte que sufriu un corremento como consecuencia das fortes choivas do último temporal que azoutou Galicia e provocou unha greta na calzaÂda que foi agrandando. A evolución dos danos rexistrados obrigou a ampliar a toda a calzada a limitación inicial de suprimir a circulación por un carril da vÃa.
Por outra banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou o venres que este mesmo ano, antes de que rematen as obras do corredor entre Brión e Noia, licitarase o proxecto construtivo para desdobralo e convertelo en autovÃa. Nunha cea con militantes do PPdeG celebrada en Noia, Feijóo tamén adiantou que as obras da variante noiesa, que inclúe a construción dunha ponte sobre a rÃa, comezarán antes do próximo verán. A este respecto, destacou que estas infraestruturas supoñen unha mostra máis do interese da Xunta por cumprir os compromisos adquiridos para levala a cabo "integramente" antes de 2013.
OS DATOS
Xunto a Blanco, Hernández e Pensado, estiveron os rexedores de Lugo, Xosé Clemente López Orozco; Monterroso, Antonio Gato; asà como o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; e o subdelegado da Xunta en Lugo, Vázquez Portomeñe.
Fernando Pensado, alcalde de Palas de Rei -vila natural do ministro de Fomento-, tamén interviu no acto para deixar claro a súa admiración por Blanco, de quen se mostrou convencido de que deixará "unha pegada imborrable" no Ministerio de Fomento.
Fuente: galicia hoxe




