A crise "devora" 168 empregos galegos ó dÃa desde hai 15 meses
O número de empregos destruÃdos desde que comezou a crise en Galicia, as cifras de emprego teñen o seu punto de inflexión no segundo trimestre de 2008, alcanzou os 75.600, unha cifra que representa o 6% da poboación que estaba activa antes da recesión e é "o dobre" dos postos que se creaban na comunidade nos anos previos de expansión, uns 30.000 anuais, segundo os datos dun estudo presentado onte por CC OO.
O informe, que analiza as repercusións da crise no mercado laboral e que o sindicato pretende actualizar cada tres meses, a periodicidade dos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), comeza o estudo no ano 2005 para comparar os efectos da crise cos anos de crecemento. Entre aquel ano e 2007 creáronse en Galicia 100.000 empregos netos, indicou o economista de CCOO Manuel Lago nunha roda de prensa.
Lago subliñou que "nun ano a destrución de emprego duplica o que se creaba nun ano de expansión", o que anticipa, ó seu xuÃzo, o "esforzo" que haberá que facer para recuperar a creación de postos de traballo na comunidade galega. De feito, as súas previsións son que tanto Galicia como España pasarán da recesión ó "estancamento" en 2010, o cal significa "destrución de emprego necesariamente".
En calquera caso, 2009 foi o primeiro ano desde 1992 no que "hai caÃda da ocupación". Durante 16 anos a poboación activa e con traballo creceu, pero o ano pasado retrocedeu a niveis inferiores ós rexistrados en 2006, dixo. "O emprego pérdese en todos os sectores, pero a crise destrúe emprego sobre todo na industria", advertiu.
Deste xeito, argumentou que é "falsa" a idea de que se trata dunha crise do sector da construción. A pesar de que si está caendo a actividade e o emprego neste ámbito, "a crise é sobre todo industrial", pois se perderon 32.700, o 15% dos que habÃa neste sector. Lago destacou as caÃdas sufridas no automóbil, que perdeu 3.940 empregos entre 2007 e 2009; no téxtil (con 4.414 menos) e no naval (2.098 menos).
O sector servizos, o que máis resiste
No caso da construción, con todo, produciuse unha "caÃda intensa" nos primeiros trimestres da crise, pero logo foi "ata capaz de xerar emprego" polo efecto do Plan E. Deste xeito, contaba con 131.400 ocupados no terceiro trimestre de 2008 e pechou 2009 con 115.700. Os servizos, que acumulan máis do 70% dos traballadores galegos, son os que "máis están aguantando" e no último trimestre do ano pasado habÃa máis traballando neste sector que en 2007. En case todos os subsectores prodúcese un incremento, salvo no comercio, o transporte, concesionarios e talleres.
Os temporais, no punto de mira
"O balance da crise é que se perden sobre todo autónomos", resumiu Lago ó analizar o efecto da recesión entre os traballadores por conta propia ou allea. En cifras absolutas, aclarou, son os asalariados os que máis descenden, pero en termos relativos os autónomos son os máis afectados. Ademais, Lago chamou a atención acerca de que "todo o emprego asalariado que se perdeu na crise foi temporal", mentres que os contratos indefinidos creceron "en plena recesión". O que "evidencia" esta evolución, analizou, é que existe "unha enorme facilidade para reducir o emprego
Fuente: galicia hoxe




