A Mesa lamenta a 'actitude chulesca' de Benigno López e reclámalle que dimita para 'non devaluar aÃnda máis a institución do Valedor do Pobo'
A Mesa pola Normalización LingüÃstica lamenta a "perda de prestixio e de representatividade" da institución do Valedor do Pobo con Benigno López, cuxo mandato se está a caracterizar por unha "fobia obsesiva contra a lingua galega, que trae xa dos seus tempos de maxistrado, cando se negaba a utilizar o topónimo A Coruña". A organización considera "deplorábel" que en sede parlamentaria Benigno López perdese totalmente as formas e mantivese unha actitude "chulesca, improcedente e irresponsábel, vinculando defensa do galego con violencia, mentindo sobre as queixas que se lle achegaron desde A Mesa e realizando un discurso descaradamente partidista". "ParecÃa máis portavoz do PP que o propio portavoz do PP", lamentan.
Ademais, desde o colectivo aseguran que desde 2009 o Valedor se nega a tramitar as queixas da Mesa, pondo trabas burocráticas que non existen para ningunha outra entidade. Carlos Callón explica que, con anterioridade, Benigno López xa tentara camuflar a cantidade de queixas presentadas por vulneración de dereitos lingüÃsticos reducindo a un único expediente até vinte e seis queixas presentadas no mesmo dÃa, aÃnda que os departamentos da Administración que se vÃan afectados eran totalmente diferentes. "Porén, pouco despois da chegada á presidencia da Xunta do seu antigo alumno Alberto Núñez Feijóo, Benigno López comezou a pór todas as trabas burocráticas ao seu alcance para que estas queixas non chegasen nin a tramitarse", advirte o presidente da Mesa.
Se se consulta o informe do Valedor do Pobo para 2009 poderá verse (nas páxinas 454 e 455) que na área de "polÃtica lingüÃstica" se tramitaron 47 expedientes e, aÃnda que se recibiron outros 38 a maiores, a institución decidiu non tramitalos, o cal significa un 41% dos expedientes recibidos para esa área. Callón sinala que, con estes datos, "está a ollos vista que o Valedor falsea o nivel de queixas por vulneración de dereitos lingüÃsticos para silenciar os casos de discriminación do galego".
A Mesa asegura que, como resposta, vai presentar un "informe exhaustivo" con todas as queixas recibidas na asociación no ano pasado e tramitadas ao Valedor do Pobo, para que se vexa caso por caso como reduce queixas diferentes a un único expediente e outras se nega a tramitalas, a pesar de que se trata de vulneracións claras e demostradas da legalidade.




