Economistas

A UPG vai a por Tello

A UPG vai a por Tello. Ou polo menos, iso é o que parece a xulgar polo texto escrito por Bautista Álvarez no último número de Terra e Tempo, a revista da forza hexemónica do BNG. Nunha sección titulada Carta do presidente, Álvarez despáchase a gusto con respecto ó grupo municipal do Bloque na cidade da Coruña. Malia que Bautista Álvarez deixou de ser na última asemblea da UPG, celebrada en novembro do 2008, o presidente do partido, para dedicarse en exclusiva á fundación que leva o seu nome, o certo é que o histórico nacionalista parece que segue a exercer como tal e non repara en atacar os que se supoñen que deberían de ser os seus compañeiros na formación frontista e que cogobernan no concello herculino co PSdeG desde as eleccións municipais do 2007.

O tenente de alcalde Henrique Tello, a concelleira de Igualdade Margarida Vázquez Veras, o edil de Rehabilitación Urbana Mario López Rico, a encargada de Cultura, María Xosé Bravo, a de Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, e o edil de Deportes Xan Xosé Martínez Caxigal están no punto de mira interno, e iso que estes tres últimos son da propia UPG. "Parece que importa máis o prato na mesa da Cámara municipal. Galiza pode agardar. O estómago non. Nunca valeron menos seis concelleiros, precisamente cando estes son necesarios", di Bautista Álvarez no artigo titulado O nacionalismo cruzouse de brazos, un texto no que arremete contra o feito de que na avenida dos Cantóns da Coruña aínda estea colocada unha praca co nome de "Plaza de Orense", en lugar de respectar a toponimia galega, algo polo que tanto loita sempre o BNG. Álvarez asegura que a responsabilidade exclusiva disto non é do PSOE municipal, de tradición castelanizadora. "Castigado un pouco nas últimas eleccións -o PSdeG- viuse obrigado a petar na porta do nacionalismo. Así naceu un matrimonio de conveniencia. Máis, para quen foi a comenencia? Para quen casou polo dote e non podo amor", contesta o articulista, quen advirte de que a denfesa da lingua galega é "patrimonio inalianable para o nacionalismo", ó que non se pode renunciar nun goberno, aínda que sexa de coalición. "As aldraxes ó idioma son causa suficiente para que o acordo sexa declarado nulo. Así se facía cando o nacionalismo era alguén", prosegue o texto, para advertir de que "se nos preocupamos máis por facer número que por construír país corremos o risco de substituír os acoirazados por unha frota de submarinos".

A lingua, imprescindible nos gobernos de coalición

"Pensaba eu que na Coruña había nacionalismo. Non o poño en dúbida. ¡Faltaría máis! Pode ser que se volvese cego. Cruzaríase de brazos, quizais? Por covardía non será, pois non parece lóxico fuxir do combate cando todos os ventos sopran a favor", di Bautista Álvarez, quen insiste en que "nos pactos políticos debe garantise a exclusión de todo aquilo que sexa lesivo dos principios ideolóxicos do aliado. Sen este compromiso sobran outras clausulas. Non hai diálogo posible. Sen idioma non hai nación e sen nación non hai nacionalismo", engade.

Álvarez cre que o BNG local padece "indiferenza" e "preguiza" e que se atopa en "estado clínico" por non presionar o seu socio para un maior labor normalizador da lingua -malia que a concelleira de Normalización é, non só do Bloque, senón da UPG-.

Ante tal escrito, o propio Henrique Tello rexeitou facer ningún tipo de comentario. En declaracións a GH, os máis próximos colaboradores do tenente de alcalde defenderon que o BNG municipal non ten competencias para poder cambiar as pracas das rúas da cidade e restáronlles importancia ás críticas. Aseguran que iso dependente de Infraestruturas, unha área xesionada desde María Pita polo PSdeG, e evitan dar máis explicacións.

Ante tal situación, Bautista Álvarez propón "constituír un comando operativo de nacionalistas da terceira idade e iniciar de contado a limpeza do infamante topónimo" na praca. Se iso se producira, Álvarez pregúntase de que lado estarían os edís nacionalistas: Do lado da liberdade ou do lado do código penal que castiga os que fan estragos na propiedade pública? "Quen o diría! Ás trincheiras, que chegaron os nosos!", conclúe.

A CITA Guillerme Vázquez, de visita na cidade, hoxe

No medio da polémica que vai de boca en boca, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez -candidato no seu día avalado pola UPG para dirixir a formación frontista-, estará hoxe na cidade da Coruña. O acto enmárcase nas visitas que Vázquez está a realizar nos últimos tempos por toda Galicia para coñecer de primeira man os problemas de cada zona e para recabar apoios ó manifesto Galiza ten Dereito, a prol de que a comunidade poida seguir tendo entidades financeiras no país e estas non sexan controladas desde fóra. Vázquez estará no Hotel Atlántico, ás 11.30 horas, cando comezará un encontro sectorial con axentes sociais, sindicais, culturais e empresariais da cidade e comarca.

O SÁBADO Na antesala dun Consello Nacional con debate

As relacións entre a UPG e o resto de correntes políticas que integran o BNG non pasan por unha boa hora. O Bloque afronta este sábado, en Teo, un novo Consello Nacional, que se prevé, canto menos, cheo de debate. O Encontro Irmandiño xa solicitou a inclusión, na orde do día do conclave, dunha proposta para falar e pronunciarse sobre a conveniencia da celebración da Asemblea Nacional Ordinaria do BNG -"que xa corresponde por prazos estatutarios",- antes das eleccións municipais do 2011, para definir a estratexia nacionalista para estes comicios e facer unha acto de reforzo e conciliación de todo o BNG. A UPG non quere a asemblea antes da cita coas urnas e Máis BNG agora tampouco.
Fuente y autor: ROSABEL CANDAL BOUZAS /galiica hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg