A Xunta move ficha para negociar a Lei de Caixas
Logo de dez dÃas de inmobilismo por parte do goberno español, a Xunta decidiu mudar a súa estratexia. Feijoo non está disposto a apandar coa culpa pola falta de avances nas negociacións para a retirada do recurso de inconstitucionalidade sobre a Lei de Caixas e deu ordes aos conselleiros de Presidencia e Facenda para moveren ficha.
A Xunta remitiu asà ao goberno español un documento cunha proposta para buscar un acordo nos cinco puntos da Lei que seguen en debate. O goberno aposta por modificar tres preceptos: os referidos a déficit patrimonial, o nomeamento e as incompatibilidades e prazos de renovación das cúpulas directivas. Para os outros dous puntos, propón acordos interpretativos, é dicir, non modificar o texto mais chegar a acordos sobre a súa lectura: serÃa no artigo que regula as maiorÃas dos acordos nas asembleas xerais e no que se refire aos orzamentos da obra social.
Atendendo ás últimas declaracións do Goberno, estas mudanzas non restarÃan competencias a Galiza nin alterarÃan o fondo da lei, unha norma que seguen a defender que cumpre con todos os preceptos constitucionais. Na mesma liña, a Xunta asegura no escrito que a súa intención é a de "negociar e aclarar todo o necesario" e non levantarse da mesa até que se consiga un acordo".
Para cando a próxima xuntanza?
A Xunta entende que co envÃo desta documentación o goberno español non ten ningún motivo para adiar unha nova xuntanza. A asunción de mudanzas por parte do Goberno era unha das exixencias dos negociadores españois para volvérense sentar polo que, dado este paso, non terÃan máis desculpas que lle impidan convocar unha nova reunión.
Os conselleiros de Presidencia e Facenda, Alfonso Rueda e Marta Fernández Currás, reiterán que manteñen as súas axendas "a disposición do secretario de Estado" e urxen a que convoque, canto antes, un novo encontro "no lugar, data e hora que decida", di o texto, "mesmo esta fin de semana".
Fuente: vieiros




