A Xunta volve meter a zoca: despois de 'Desván de los Monjes' chega 'Puentenuevo'
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, facÃa pública unha nota a última hora deste luns na que pedÃa desculpas por ter empregado de xeito disparatado os topónimos de Sobrado dos Monxes ('Desván de los Monjes') e Touro ('Toro'). Dende o seu gabinete aseguraban que todo se debÃa a unha tradución informática ao castelán que se fixo dun texto en galego. Mais a Xunta persiste no desleixo á hora de empregar a toponimia oficial (que segundo a lei só ten unha forma: a do idioma propio de Galiza).
Cando aÃnda non rematou a polémica sobre o "Desván de los Monjes", a Xunta volve demostrar o seu desleixo pola toponimia nunha nota de prensa publicada o mesmo luns pola tarde na súa páxina oficial. Nun anuncio dos próximos apagamentos analóxicos, faise alusión á desconexión dos centros de "Puebla", "Puentenuevo", "Puentenuevo II" ou "Sanpayo".
Resulta paradoxal que se faga uso desas formas deturpadas xusto a carón do nome oficial e correcto do concello, A Pontenova. En calquera caso, estas prácticas son o reflexo doutras tantas que se poden comprobar na web do Ministerio de Industria. AsÃ, por exemplo, na listaxe de centros emisores da TDT pódense ver formas como "Puenteceso", "Ferreira Valle Oro", "Jove", "Nogales", "Carballino", "Ginzo Limia", "Orense-Barbadanes", "Creciente" ou "Domayo", ademais das reproducidas na web da Xunta. É sintomático que non aconteza o mesmo coas formas catalás, correctamente transcritas polo departamento do goberno español.
Fuente:vieiros




