Armas compradas con cartos para a fame

Millóns de dólares de axuda achegada por Occidente para a loita contra a fame en EtiopÃa entre os anos 1984 e 1985 se destináronse ao financiamento de armas para derrocar o Goberno daquel momento. Fixérono os propios rebeldes etÃopes enganando os grupos humanitarios.
Asà o desvela unha investigación publicada pola BBC, á que varios ex rebeldes lle recoñeceron que para conseguir os cartos, co que financiaron os seus plans para derrocar o Goberno de entón, finxiron ser comerciantes ó reunirse con traballadores de organizacións non gobernamentais. Un lÃder insurxente estimou en 95 millóns de dólares a cantidade doada por gobernos e ONG de paÃses occidentais que se destinou á loita dos rebeldes.
Nun documento de 1985 titulado EtiopÃa: Impacto da Seca na PolÃtica e a Seguridade, a CIA estadounidense tamén aseguraba que o diñeiro se empregou mal. "Algúns fondos que as organizacións insurxentes están recadando para operacións de axuda (...) estanse desviando case con toda seguridade a fins militares", sinalaba o informe.
A crise de 1984 suscitou un importante esforzo por parte de Occidente para aliviala pero, aÃnda que con esa axuda se lles salvou a vida a millóns de persoas, as probas suxiren que non toda a axuda chegou ós máis necesitados. Naquel momento, o Goberno etÃope combatÃa as rebelións das provincias setentrionais de Eritrea e Tigray, e non tiña control sobre a maior parte das zonas rurais do paÃs, asà que as organizacións humanitarias levaban a axuda desde o veciño Sudán.
Max Peberdy, un cooperante de Christian Aid, levou a EtiopÃa case 500.000 dólares en moeda etÃope a través da fronteira en 1984. Compraba cereais a comerciantes e cre que a axuda non se desviou. "Disto hai xa 25 anos, e nestes 25 anos é a primeira vez que alguén afirma algo asÃ", dixo Peberdy, que insistiu en que, ata onde el sabe, a comida chegou aos que estaban pasando fame. Pero o comerciante co que tratou o cooperante asegura que era un alto mando da Fronte de Liberación do Pobo de Tigray (TPLF, polas súas siglas en inglés). "Déronme unha roupa para que parecese un comerciante musulmán. Isto era para enganar a ONG", explicou Gebremedhin Araya. Baixo os sacos de cereais que vendÃa, dixo, habÃa sacos cheos de area. Gebremedhin indicou que o diñeiro que recibÃa llelo enregaba aos lÃderes do TPLF, entre eles Meles Zenawi, que se converteu en primeiro ministro de EtiopÃa en 1991. Meles, que segue no cargo, non quixo facer declaracións respecto destas acusacións.
Pero a versión dos feitos de Gebremedhin foi corroborada polo ex comandante do TPLF Aregawi Berhe, que agora vive exiliado en PaÃses Baixos, informa a BBC. Segundo Aregawi, os insurxentes presentaban un "drama" para conseguir o diñeiro. "Os traballadores humanitarios foron enganados", engadiu.
O ex lÃder rebelde precisou que o TPLF e outros grupos rebeldes afiliados recibiron uns 100 millóns de dólares. O 95 por cento desta suma utilizouse para comprar armas e para crear un partido polÃtico marxista dentro do movemento rebelde. Gran parte dos cartos que chegaron a mans do TPLF canalizáronse a través de grupos afiliados como a Sociedade de Axuda de Tigray.
Tanto Aregawi como Gebremedhin puxéronse a mal cos altos mandos do TPLF e fuxiron de EtiopÃa.
Todo isto ocorreu no marco da Guerra FrÃa. A Unión Soviética estaba axudando o Goberno de EtiopÃa -paÃs incluÃdo no seu cÃrculo de influencia- para loitar contra os rebeldes, e a polÃtica de Estados Unidos naquela época suxire que posiblemente a CIA non só estaba ó tanto da desviación da axuda ó TPLF, senón que a apoiaba.
Fuente: galicia hoxe




