Baixo unha sarabiada de crÃticas, o Goberno pecha filas co decreto
Conscientes do desgaste polÃtico que pode supoñer sacar adiante un decreto que non conta con apoios máis aló do PPdeG, os máis próximos a Núñez Feijoo pechan filas arredor do anteproxecto. O executivo quere ter aprobado definitivamente a normativa de linguas no ensino antes de que remate o mes de maio, asà o anunciou este luns o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez. Antes a disposición gubernamental ten que pasar pola Mesa Secorial, o Consello Escolar e o Consello Consultivo. Diante dos medios afirmou que a consellarÃa aÃnda está "aberta" a algúns cambios no decreto, mais axiña subliñou que será "moi dÃficil" porque segundo el non hai vontade diálogo.
Mais é realmente posÃbel cambios notábeis que permitan un consenso? Esta porta semella definitivamente pechada por dúas cuestións principais. A primeira é que no entorno de Feijoo non queren nin oÃr falar dunha "discriminación positiva" a prol do idioma propio e escúdanse na "igualdade total" de espazos para un e outro idioma.
O segundo punto que impide un gran consenso é o posicionamento de determinados sectores do PP urbano (especialmente belixerantes en Vigo e na Coruña). Tal e como informabamos o sábado, algúns destes dirixentes presionaron nas últimas semanas para que se lle dese marxe de decisión ás familias (outro dos puntos que provoca un forte malestar entre os representantes do profesorado e en toda a oposición polÃtica).
Nestes sectores, tradicionalmente contrarios aos máis mornos intentos de galeguización, hai certo temor a que partidos como UpyD (e mesmo grupos independentes) rabuñen parte do electorado nas municipais se o PPdeG relaxa o seu discurso antinormalizador.
O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, foi un dos primeiros en saÃr en defensa do seu homólogo de Educación. Para Juárez, o anteproxecto de decreto "é o que mellor encaixa coa vontade dos galegos" e, subliña, inclúe "a opinión dos pais"
A CIG-Ensino dá por feito que a Xunta non ten o máis mÃnimo interese de negociar
O sindicato denuncia que a ConsellarÃa de Educación non ten interese en modificar o anteproxecto do decreto. Como exemplo sinalaron que o departamento de Vázquez xa lle mandou ao Consello Escolar o mesmo texto ca o que lle enviou aos sindicatos para tratar na mesa sectorial, polo que deducen que o Goberno dá por feito que na primeira das xuntanzas non vai haber cambios.
Para a CIG-Ensino o anteproxecto é "inamovÃbel" porque a Xunta non escoitou ningunha das recomendacións que no seu dÃa lle fixeron os sindicatos.
Fuente:vieiros




