Economistas

Mar Barcón recomenda a Feijóo que faga "acto de contrición" e deixe de ser "un problema para Galicia"

marbarcon020310.jpg

A portavoz do PSdeG, Mar Barcón, fixo onte balance do Goberno de Feijóo ao cumprirse un ano das eleccións autonómicas e cualificouno de "o primeiro ano perdido do que vai ser unha lexislatura perdida", en especial no que respecta a melloras económicas, creación de emprego e consenso social. Por elo, Barcón recomendou a Feijóo que aproveite a súa visita ao Vaticano para facer "acto de contrición" e deixar de ser "un problema para Galicia" para pasar a resolver os problemas dos galegos e galegas. En rolda tras a xuntanza da Permanente da Executiva do PSdeG, Mar Barcón sinalou que "hoxe a situación económica e social de Galicia e moito peor que fai un ano" debido á "parálise administrativa, ineptitude e ineficacia da meirande parte dos conselleiros, anulación de obras, escasa licitación de obra pública e á renuncia expresa da Xunta a actuar como un goberno e facer algo positivo polo desenvolvemento económico e o fomento do emprego".

Lamentou ademais a perda de consensos en cuestións como a lingua ou o futuro financeiro de Galicia, e sinalou que Feijóo "demostrou ser un especialista en crear problemas onde non os había", polo que lle recomendou "facer un acto de contricción" e "deixar de ser o problema de Galicia para pasar a resolver os problemas". Pola contra, Mar Barcón valorou o traballo de PSdeG en temas como a ordenación territorial, coa proposta dun pacto polo territorio, e a constitución, hoxe mesmo, da ponencia parlamentaria que traballará nesta materia. Anunciou ademais o inicio dunha serie de reunións cos alcaldes, secretarios provinciais e portavoces do PSdeG dos concellos das zonas máis afectadas polo Plan do Litoral, entre eles Carballo, a Costa Atlántica, Pontevedra, A Coruña e a Mariña Lucense.

Nestas xuntanzas abordarán as principais eivas do Plan do Litoral e explicarán as propostas que os socialistas galegos trasladarán á ponencia non lexislativa sobre o Plan de Ordenación do Litoral. Estas reunións complementaranse co traballo que está a desenvolver o foro de urbanismo do PSdeG para mellorar este documento, explicou Barcón.

Caixas

Preguntada sobre as afirmacións do PP nas que responsabilizan a Pachi Vázquez de paralizar as negociacións entre a Xunta e o Goberno central na Lei de Caixas, Mar Barcón lamentou que "as interpretacións frívolas de Feijóo estean a situar ao sistema financeiro galego en jaque mate". Criticou que Feijóo "diga pola mañá que os socialistas galegos non pintamos nada e que o secretario xeral do PSdeG non ten ningunha capacidade de mando, e pola tarde responsabilice a Pachi Vázquez de paralizar as negociacións". "De ser así, a conclusión sería que Pachi Vázquez pinta moito máis, en termos políticos, que o presidente da Xunta", apuntou, "o que en todo caso sería unha eiva de Feijóo".

Enmarcou estas afirmacións na "mala costume de Feijóo de botarlle a culpa aos outros da súa incapacidade" e lembrou que "o fixo cos alcaldes, cos presidentes das caixas, co Goberno central e agora co secretario xeral do PSdeG". Por elo, esixiulle que "asuma a súa responsabilidade" como presidente da Xunta e que tome decisións, aínda que "cada vez que toma unha decisión crea un problema", lamentou. Precisamente dixo que o problema coa Lei de Caixas foi creado por Feijóo, xa que "os socialistas lle dixemos que a estaba negociando ás presas unha lei que tiña elementos inconstitucionais, mentres el optou por tomar tallos e dar unha batalla impropia dun presidente da Xunta", concluíu.

"Se busca responsables, que os busque en si mesmo", apuntou Barcón, xa que el foi o que propuxo copiar a lei andaluza. "¿Que se pode esperar dun presidente que ten esa frivolidade", concluíu.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg