COA ABSTENCIÓN DO PPdeG: O dictador Franco xa non é fillo adoptivo da Coruña

O pleno municipal aprobou este luns, cos votos a favor do PSdeG e do BNG e coa abstención do PPdeG, revogar todos os nomeamentos de tÃtulos concedidos a Francisco Franco e a outros polÃticos e militares durante a etapa da ditadura, en aplicación da Lei da Memoria Histórica.
Nun comunicado, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña pide que a estas distincións se sume a retirada do tÃtulo de fillo predilecto para o ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, ministro de Gobernación durante a etapa franquista.
Entre as 21 distincións honorÃficas, figura a retirada a Francisco Franco dos tÃtulos de fillo adoptivo e predilectÃsimo; alcalde honorario e medalla de ouro da cidade, asà como o tÃtulo de fillo predilecto a José Millán Astray, fundador da Lexión, Juan Canalejo e Mariano Gómez Zamalloa.
Tamén figura a retirada do tÃtulo de fillo adoptivo a varios ministros de Franco e xenerais, asà como a medalla de ouro da cidade a LuÃs Carrero Blanco, vicepresidente do Goberno e ministro de Franco, e FermÃn Gutiérrez Soto.
A CRMH de A Coruña considera unha "boa noticia" a ratificación da retirada destas distincións e "apoia" as argumentacións do goberno municipal coruñés para rexeitar as alegacións presentadas.
Non obstante, afirma non entender as "razóns" polas que se mantén o tÃtulo de fillo adoptivo da cidade ao ex presidente da Xunta "cando esa mesma distinción se retira a outros oito ministros da ditadura", engade.
Ao respecto, lembra que esta distinción se lle concedeu no 1968 "cando Fraga sentaba no consello de ministros e participaba activamente en toda a polÃtica represiva e criminal da ditadura", conclúe.
Fuente: Comisión Pola mmemoria histórica





Comentarios
que ridÃculo¡¡¡ y, por supuesto, ninguna mención al asesino Fidel ni a la estatua del Ché en Oleiros, no?
Publicado por: julio | Marzo 2, 2010 11:11 AM