Economistas

Críticas contundentes

Hai bases para que os tribunais declaren ilegal o decreto sobre o uso do galego no ensino que o Goberno acaba de presentar, o chamado "decreto do plurilingüismo". Así o cre o xuíz Luis Villares, que onte participou na segunda sesión do Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia, organizado polo Consello da Cultura Galega. Villares interveu neste encontro como retrucante do relatorio pronunciado pola profesora da Universidade de Santiago Alba Nogueira.

O decreto, na súa actual redacción, "quebranta" o principio de progresividade que establece a Lei de normalización lingüística de Galicia no seu artigo 13, explicou o xuíz Villares. "De repente, sen que mudase a situación de feito, a norma non respecta isto, e iso invalida a súa legalidade, na miña opinión", engadiu. Ademais, o decreto "confunde a igualdade como medio e como fin, e a liberdade como medio e como fin", incidindo no que é "unha mesquindade xurídica".

Xa que para acadar a "igualdade como fin" -a LNL no seu artigo 14 recolle que as autoridades educativas "garantirán que ó remate dos ciclos en que o ensino do galego é obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán", é necesario non só que os estudantes acaden competencias nas dúas linguas, -non hai liberdade de elección se unha das dúas non se coñece-, senón que non teñan prexuízos que condicionen a súa vontade.

"A igualdade como medio, que é a que recoñece o decreto ao establecer o 50%-50%, non supón igualdade en absoluto, á luz dos datos que temos". E nada achega á liberdade "que os pais escollan", salienta. Villares aprecia, en relación con isto, no decreto, un incumprimento do principio de "discriminación positiva", que se deriva da LNL, a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias e o Plan de normalización lingüística.

Tampouco poden contradicir o decreto as sentenzas do Tribunal Constitucional, -lembrou-, que no 83 aclarou que non se cumpre o dereito dos cidadáns a usar o galego se esta lingua non se coñece, no 86 que dados os obxectivos da normalización o ensino das linguas oficiais debe facerse "en tal intensidade" que puidese producir resultados, e no 94 avalou legalidade de que a lingua cooficial -o catalán, naquel caso concreto- sexa o idioma vehicular no ensino.

O xuíz Villares sinalou ademais que o decreto incumpre o dereito dos alumnos a recibir o primeiro ensino na súa lingua materna, -recollido na LNL- e fixo un chamamento a exteriorizar, visibilizar que non existía a "demanda social unánime" á que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, acaba de volver apelar para xustificar a modificación do decreto do bipartito. Apuntou por último á "perversión semántica" de conceptos como "imposición, liberdade, inmersión lingüística, democracia...", que se está a dar no debate lingüístico.

Alba Nogueira sinalou tamén, pola súa banda, a falsidade dalgúns argumentos que o movemento contranormalizador está a utilizar. Contra a ladaíña de que só os falantes, como suxeitos individuais, teñen dereitos, sostivo que "o dereito protexe as linguas e os falantes". As primeiras, como "expresión do patrimonio cultural" e "sinais de identidade", e os segundos para ofrecerlles, basicamente, "ámbitos de expresión sen discriminación".

O carácter de "lingua propia" do galego, explicou, supón ademais "efectos xurídicos": faina "lingua de comunicación habitual das administracións autonómicas e locais", e supón a obriga para os empregados públicos de acreditar o seu coñecemento, -cunha proba específica de galego ou un título desde a última modificación da lei de función pública-. E non serve, -como é habitual-, argumentar que a Constitución só recoñece o "deber" de coñecer o castelán, e non das outras linguas oficiais.

Pois, -e aínda que esta non é unha cuestión unánime entre os xuristas, sinalou Nogueira-, hai ámbitos nos que "para garantir outros dereitos considerados superiores ou prioritarios" se facilitan medios para poder comunicarse noutras linguas: por exemplo, a garantía de defensa efectiva e dun xuízo xusto xustifica que un detido declare ante o xuíz na súa lingua. E durante o período de escolarización obrigatoria, a oficialidade da lingua e a necesidade de protección desta prevalece sobre o dereito individual a usar o castelán.

Nogueira amosouse de acordo cunha intervención de Xavier Vilhar Trilho na que este puxo de relevo que todo dereito individual ten unha dimensión colectiva e que os galegofalantes teñen menos garantidos os dereitos individuais que os castelánfalantes, e engadiu que o informe do Consello Consultivo ao que apela o PPdeG para xustificar o cambio do decreto do bipartito "nin é vinculante" nin vén dunha institución "independente" en comparación con outras semellantes.

ANÁLISES
Un "retroceso evidente"

O coordinador do Seminario, Henrique Monteagudo, asegurou que o ditame do CCG respecto das bases do decreto "practicamente pode aplicarse ao cen por cento" ao actual anteproxecto de decreto. Lembrou que o presidente do Consello, Ramón Villares, considerou que "non se pode tratar igual a ambas as dúas linguas" -galego e castelán- ao estar "en situación diferente". Deste xeito, a aplicación do novo decreto implicará, ao seu ver, "un retroceso" evidente.

Angel López García-Molíns, da Universitat de Valencia, enmarcou a realidade galega nun contexto estatal onde a política lingüística, ao seu ver, "non existe" e o Estado tenta "favorecer un modelo, en xeral, monolingüe", concibindo o castelán como "lingua A" e os demais idiomas -catalán, galego...- como lingua B, e non como outras linguas españolas. "É conveniente preparar toda a poboación española para entender (non falar) o catalán e o galego escritos e orais, así como para que posúan nocións de éuscaro", -opinou-. Peter Kraus distinguiu catro modelos de política lingüística nos estados europeos. Un que só establece disposicións para protexer os membros de minorías lingüísticas minoritarias, outro de autonomía lingüística que supón igualdade formal aplicable en partes limitadas do territorio: caso do catalán ou do galego, e que conduce ao bilingüismo asimétrico -como no país de Gales-. Un terceiro sería o federalismo lingüístico (Bélxica, Suíza), no que varias linguas son recoñecidas a nivel estatal, pero con unidades político-administrativas que quedan definidas como lingüisticamente heteroxéneas, e a última sería o bilingüismo institucional, caso de Finlandia ou Islandia, sen restricións territoriais e cun uso igualitario das linguas do Estado como vehículo comunicativo da administración estatal, e sen identificación entre unha afiliación lingüística e identidade nacional específica.
BIEITO SILVA
Por un "plurilingüismo inclusivo" desde a lingua propia

O profesor da Universidade de Santiago Bieito Silva asegurou que o actual anteproxecto da Consellería de Educación "non axuda"a acadar o plurilingüismo."Un plurilingüismo inclusivo ten que partir do galego, porque é a lingua propia e é a lingua minorizada. Non é posible construír un onde engadan outras linguas se non se parte da lingua que está en inferioridade no territorio", opinou. Silva avogou, deste xeito, por un modelo plurilingüe asentado na pedagoxía e na planificación, que rache coa concepción do plurilingüismo como suma de monolingüismos.

Trataríase de "aprender lingua mentres se aprenden matemáticas, bioloxía ou ciencias sociais", tendo o galego como "idioma primeiro e principal do currículo", e lembrando que o castelán ten unha presenza dominante na sociedade, e incorporando as linguas estranxeiras "no momento e intensidade" que aconsellen os criterios pedagóxicos, e "non só a procura de rendibilidades políticas". Apuntou, ademais, que é un criterio pedagoxicamente discutible que o primeiro ensino teña que darse necesariamente na lingua materna dos nenos, e que a libre opción da lingua escolar non garante os obxectivos lingüísticos do sistema e poder ser xermolo de segregación lingüística e social.
Fuente y autor: MONTSE DOPICO/galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg