Economistas

De decreto a decretazo en quince pasos

galego.gif

- A primeira proposta do bipartito: un espazo para o galego de, polo menos, un 50% (09/11/2006)
En novembro de 2006, Vieiros daba a coñecer o primeiro borrador do bipartito. Socialistas e nacionalistas tiñan un acordo pechado. Polo menos, a metade das materias deberían impartirse na lingua do país. A maiores, os centros poderían acordar aumentar esta porcentaxe. Mais a consellaría tamén chegou a valorar a posibilidade de establecer unha cota de mínimos (56%) e máximos (68%) para o galego.

-O precedente balear axudou a desbloquear o decreto galego (23/02/2007)
O PSdeG e BNG, nun intento de deter a belixerancia do PPdeG, propoñen finalmente o decreto que fixa un mínimo dun 50% en galego. O decreto tiña moitas semellanzas co aprobado en 1997 en Baleares por un goberno do PP. Porén, logo dun momento de dúbidas, o PPdeG opúxose frontalmente á proposta do bipartito.

-Galicia Bilingüe, a presión contra o decreto do bipartito na rúa (30/01/2008)
Unha asociación practicamente descoñecida e ligada no seu nacemento a sectores empresariais vigueses comeza a coller forza mediática e a facer campañas denunciando a "imposición" da lingua galega. A asociación convértese axiña en referente dos sectores máis centralistas do PPdeG.

-Corina Porro: "Se non se derroga o decreto de galeguización do ensino, eu marcho" (16/01/2009)
A mes e medio das eleccións galegas, o PPdeG tíñao claro: A lingua ía ser unha das bazas centrais da campaña. A ex alcaldesa de Vigo, Corina Porro, forzou a máquina e converteuse nunha das cabezas visíbeis do movemento contra calquera intento de normalización lingüística.

--Galicia Bilingüe, Rosa Díez e o PP 'urbanita' do brazo (08/02/2009)
Nunha manifestación chea de incidentes, a menos dun mes das eleccións galegas. Cargos do PP máis "urbanita" participan canda Rosa Díez nunha manifestación á que acudiron varios centos de persoas. Os incidentes con contramanifestantes tiveron unha gran repercusión mediática.

-O decreto, obxectivo prioritario do novo presidente (02/03/2009)
Núñez Feijoo gañara as eleccións horas antes. Nas primeiras entrevistas radiofónicas era máis que claro: o decreto do bipartito ten os días contados.

-Sorpresa, o secretario xeral de Política Lingüística non é un home do partido (14/05/2009)
Houbo sorpresa, e moita, cando o Goberno anunciou que Anxo Lorenzo, sociolingüista e profesor da Universidade Vigo, sería o encargado de levar a cabo as políticas lingüísticas. O seu nomeamento non foi ben acollido nin polos partidarios nin polos contrarios ás políticas de normalización.

--Chega a presión social: Primeira gran manifestación en defensa do galego (17/05/2009)

Coincidindo co Día das Letras, o Goberno recibe o primeiro aviso serio: Máis de 25 mil persoas, a prol do decreto vixente, saen ás rúas santiaguesas convocadas pola Mesa pola Normalización. En outubro a plataforma 'Queremos Galego' rebenta a capital de Galiza nunha manifestación á que acudiron, segundo cifras da propia Policía Local, ducias de milleiros de persoas.

-Vieiros desvela os primeiros plans da consellaría: Matemáticas en castelán, Sociais en galego (01/06/2009)

A Consellaría de Educación comeza a traballar no borrador de decreto. Este xornal adianta que o departamento de Xesús Vázquez contempla dar Matemáticas en castelán e Sociais en galego. O resto das materias repartiríanse a partes iguais segundo cada centro. A Xunta apúrase a desmentir a existencia do mesmo.

-Cando os fonemas se converten en metralla (13/07/2009)

Logo de anunciar por activa e por pasiva que non quere conflito lingüístico, as decisións políticas de Núñez Feijoo acaban provocando reaccións múltiples e crispación entre os partidarios de que o galego non quede relegado a un papel subalterno.

-Agasallo de fin de ano: Anúnciase o trilingüismo (30/11/2009)
Con meses de atraso sobre o calendario previsto, o Goberno presenta o primeiro borrador para derrogar o decreto de linguas no ensino. Choven críticas unánimes.

-A Academia critica o borrador (18/01/2010)
A máxima institución lingüística, a Real Academia Galega, túrralle publicamente das orellas ao Goberno. O borrador do decreto é un grave paso atrás para o idioma propio. Dúas semanas despois, o Consello da Cultura tamén se mostra crítico.

-Feijoo, a soidade diante da treboada (20/01/2010)
Analizamos o posicionamento do Goberno e do PPdeG fronte á lingua. O executivo refúxiase no partido ao ver como queda na máis completa soidade

-O ensino dille non ao cambio de decreto e sae á rúa (21/01/2010)
Os principais sindicatos do ensino súmanse a unha xornada de folga contra o decreto que ten un seguimento moi notábel. Ás rúas de Compostela saen ducias de milleiros de persoas que enchen o Obradoiro.

-O Goberno presenta o anteproxecto, as presións dos sectores máis contrarios ao galego son evidentes (13/03/2010)

A Xunta presenta a súa proposta de "bilingüismo equilibrado". Ese mesmo día, Vieiros descobre que nos días previso houbo importantes presións dende sectores próximos ás teses de Galicia Bilingüe para que Educación lle dese máis marxe de decisión aos pais.
Fuente: vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg