Economistas

Educación marca o idioma das troncais e os centros terán que decidir as restantes

O texto presentado por Educación introduce algunhas mudanzas con respecto ao borrador e fixa materias que se impartirán obrigatoriamente nunha ou noutra lingua. O idioma vehicular no ensino infantil será o maioritario entre os alumnos. En Primaria e Secundaria os pais terán certa marxe de decisión para facer cambios cada catro anos.

Logo dun ano de intenso debate político e social, a Consellaría de Educación xa ten enriba da mesa unha proposta firme para substituír o actual decreto de linguas no ensino non universitario. A Xunta propón un texto de "total equilibrio entre galego e castelán" e activa a tan polémica participación dos pais na elección do idioma no que se impartirán as materias. Pero, como vai ser concertamente esa distribución?

-Educación Infantil (3-5 anos):

O profesorado empregará como lingua vehicular a predominante entre o alumnado, "se ben procurará que os nenos e nenas adquiran o coñecemento da outra lingua oficial". Como se determinará a lingua predominante? Cada centro fará unha consulta ao inicio desta etapa para coñecer cal é a lingua materna da maioría dos rapaces.

-Educación Primaria (6-11 anos):

A consellaría dá a seguinte pauta para as materias: Coñecemento do Medio deberá ser impartida en galego e Matemáticas en castelán.

Cada centro educativo decidirá en que idioma se dan o resto das materias, aínda que sempre mantendo o "equilibrio" entre os dous idiomas. Haberá unha consulta aos pais cada catro anos, se a metade máis un dos pais amosa unha opinión diferente respecto da proposta de repartición prevista no decreto, prevalecerá a opinión dos pais: é dicir, as familias de cada centro poderían obrigar a que Coñecemento do Medio se dea en castelán e Matemáticas en galego.

-Educación Secundaria Obrigatoria (12-16 anos):

En galego: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia; Ciencias da Natureza; e Bioloxía e Xeoloxía.

En castelán: Matemáticas; Tecnoloxía; e Física e Química.

Ao igual que en Primaria, os centros distribuirán equilibradamente o resto das materias e os pais poderán cada catro anos intercambiar os bloques de materias obrigatorias nunha lingua.

-Bacharelato e FP:

Cada centro presentará cada catro anos un programa no que se distribúan a partes iguais o número de horas lectivas en galego e castelán

-Inglés e outras linguas estranxeiras

Fomentarase principalmente o inglés. Dunha maneira gradual e voluntaria, os centros que o desexen poden chegar a presentar un modelo trilingüe (1/3 de galego, un terzo de castelán e outro de inglés)

-"Liberdade de expresión lingüística dos alumnos nas aulas"

"Os alumnos serán libres para, coñecendo as súa linguas oficias de Galicia, expresarse na lingua oral ou escrita que consideren máis conveniente, salvo nas materias de lingua". Esta premisa que defendeu dende o primeiro día o novo Goberno foi matizada en parte polo secretario xeral de Política Lingüística que revelou na conferencia de prensa deste sábado que "haberá orientacións pedagóxicas para que se procure que os rapaces empreguen a lingua que está marcada para a materia"

-Potenciar a lingua galega nas actividades extraescolares

Unha das novidades do último proxecto é que se introduce un punto no que se fala dunha "atención especial" para a "dinamización" da lingua do país fóra das aulas, especialmente en todo o que ten que ver coas actividades extraescolares que ofrecen os centros.
Fuente: vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg