Economistas

Fármacos inaccesibles

medic170310.jpg

Nenos orfos reciben fármacos antivirais contra a sida no Centro Mercy para pacientes de VIH en Bangkok FOTO: RUNGROJ YONGRIT/EFE

A implantación de medicamentos xenéricos funciona. O aforro é considerable e o sistema vai en aumento para beneficio dos pacientes. Polo menos no mundo desenvolvido. Nos países pobres fracasa. Con estritas patentes que blindan os intereses económicos das farmacéuticas, o acceso por parte da poboación do mundo subdesenvolvido atopa continuas trabas.

O problema agrávase na India. Segundo denuncia Médicos sen Fronteiras (MSF), as negociacións a porta pechada do Acordo de Libre Comercio (ALC) coa Unión Europea, cuxa última roda está "a piques de comezar", poderían deixar os países pobres sen xenéricos.

Así o advertiu a ONG a través dun comunicado no que alertan de que este acordo ameaza con "impoñer estándares máis estritos sobre a protección da propiedade intelectual", blindando os intereses das farmacéuticas e permitíndolles a estas compañías "manter prezos prohibitivos para as medicinas" así como patentes de máis de 20 anos, segundo denuncia a ONG.

A este respecto, Leena Menghaney, coordinadora da campaña de MSF na India para o acceso aos medicamentos básicos, lembra que o país asiático está considerado como "a farmacia do mundo subdesenvolvido", xa que fabrica o 92 por cento dos fármacos para contrarrestar a sida que son consumidos polos países pobres. "É como un refuxio seguro. Se non podes obter as medicinas da India, de onde máis podes?", preguntouse Menghaney.

Na India non entraron as patentes ata o ano 2005

O caso da India é especialmente importante posto que, a diferenza de países como España, que introduciu a Lei de patentes en 1995, non se viu obrigada a acatar as normas da Organización Mundial do Comercio (OMC) ata o ano 2005, polo que, coa súa crecente industria química, foi ata ese momento un 'paraíso' dos xenéricos. Unha vez finalizado o prazo, acolleu o sistema de patentes para cumprir coa normativa de comercio internacional, pero fíxoo introducindo medidas para protexer a saúde pública e limitar o abuso desas patentes. Agora, as negociacións coa UE ameazan con "sacrificar o acceso das persoas con VIH e outras doenzas ao necesario tratamento para sobrevivir".

Sobre todo no que se refire ás novas terapias, tan importantes para unha doenza que non ten cura como é a sida. Actualmente, o goberno da India pode botar man das "flexibilidades" que permite a Declaración de Doha (2001) para "evitar as patentes" cando vexa necesario garantir a saúde pública, explica Fernando Pascual, farmacéutico de MSF, que destaca que no país asiático existe o dereito de "calquera cidadán, grupo, ONG... a opoñerse á patente dun medicamento en base a argumentos técnicos". É algo que non se dá, por exemplo, en Europa, onde se producen casos de fabricantes que, a piques de caducarlles unha patente, "quitan ao mercado outro fármaco practicamente idéntico", gañando unha nova patente "por 20 anos máis", apunta.

Na India, pola contra, pódense denunciar, previo estudo da composición química, aqueles fármacos que non cumpren os requisitos para que se lles conceda o monopolio, e "dirímese nun xuízo". Un dereito que "podería cortarse co acordo de libre comercio", advirte Pascual.

"Protestamos para que non negocien coas nosas vidas"

No entanto, os activistas indios xa se mobilizaron co obxectivo de non ceder ante a presión europea. "Manifestámonos para pedirlle ao Goberno indio que non negocie coas nosas vidas", afirmou Loon Gangte, presidente da Rede de persoas seropositivas de Delhi (Delhi Network of Positive People, DNP+). "O tratamento de por vida para os seropositivos -advertiu- depende do acceso continuado a medicamentos máis novos para tratar a sida". Tras lembrar que moitos destes fármacos xa incrementaron o seu prezo, están patentados e son "totalmente inaccesibles", Gangte opúxose a que se acepten "condicións que comprometerían aínda máis o acceso a medicamentos que son vitais".

En concreto, segundo denuncia MSF, Europa está presionando para que a India adopte medidas para a exclusividade de datos, o que atrasaría o rexistro dos xenéricos, así como para a ampliación da data de caducidade das patentes "alén dos 20 anos". A estes feitos, a ONG suma a confiscación de medicamentos 'sen marca' indios en tránsito a outros países en desenvolvemento de Latinoamérica e África.

Segundo as informacións das que dispoñen, están a piques de comezar en Nova Deli "conversacións informais" entre negociadores indios e europeos, antes de que se celebren as negociacións formais en Bruselas previstas para abril. Polo visto, a UE quere concluír os contactos para acadar o acordo antes do cumio entre A India e a UE programado para o mes de outubro.


O EXPERTO

Fernando Pascual, farmacéutico de MSF

Mércanlles arroz a cambio de 'pasar' do acadado coa Declaración de Doha

Como é que a India, que tanto fixo por protexer os xenéricos, pode ceder ante as presións europeas? O farmacéutico de MSF, Fernando Pascual, ten a resposta: o acordo coa UE é "amplísimo" e abarca outros ámbitos, fóra do farmacéutico, con grande interese para o país asiático. E pon un exemplo: "A UE faille un acordo preferencial para mercarlle arroz ou algodón ou tecnoloxía, por exemplo, pero coa condición de que implementen certas medidas que van impedir o uso das 'flexibilidades' que no seu día incluíron na lei".

Refírese con esas 'flexibilidades' ao acadado coa Declaración de Doha que, tras moitas presións e intereses encontrados de activistas e farmacéuticas, permitiu engadir excepcións á obriga da OMC de implantar patentes. A India foi un dos países que se acolleu a esta opción, incorporando o dereito do Goberno de revocar unha patente, explica Pascual. Pero agora "os países atoparon outra vía para forzar a que se implementen patentes, como é o caso deste acordo de libre comercio. Así, aínda que a India se acolleu ás flexibilidades do dereito internacional, se queren asinar este acordo de comercio preferencial con Europa terán que renunciar a parte desas flexibilidades".

Unha situación especialmente preocupante sendo a India o gran fabricante de xenéricos. Cando a Organización Mundial do Comercio anunciou a obrigatoriedade das patentes, estableceu varios prazos para a aplicación das leis. España, que "consideraba que os medicamentos son bens públicos e polo tanto non contemplaba as patentes", tivo que acollerse á normativa no ano 1995. No entanto, á India déronselle 10 anos máis, polo que tivo "toda a liberdade que quixo (para fabricar) ata 2005, porque ata esa data nin sequera existían as patentes", explica Fernando Pascual, que matiza que o país sasiático "tivo de sempre moito potencial e moita industria química e farmacéutica, e especializouse en fabricar versións xenéricas, o que fai que moitísimos dos medicamentos que se utilizan en África veñan de aló". Por iso, "a alarma e a campaña de acceso a medicamentos de MSF e os activistas" céntranse no feito de que "hai certas condicións que non esixe a lei internacional e que, porén, en virtude deste acordo, chegarían a incluírse nas leis indias recortando a posibilidade de producir medicamentos", engade Fernando Pascual. Unha preocupante situación que se podería repetir, segundo alerta, no caso de que China dea "o salto ao mercado internacional".

No entanto, en 2016 remata o prazo marcado pola OMC para os países pobres, que teñen escasa produción farmacéutica. India é, polo tanto, a clave.
Fuente y autor: LAURA CAMINO/galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg