Listaxe completa dos Óscar concedidos hoxe
A Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas de Hollywood entregou hoxe a 82 edición os premios Óscar nunha gala que se celebrou no teatro Kodak de Los Ángeles.
Esta é a relación dos premiados, por orde de concesión:
-Mellor actor secundario: Christoph Waltz - "Malditos bastardos".
-Mellor película de animación: "Up" - Pete Docter.
-Mellor canción orixinal: "The Weary Kind", tema de "Corazón rebelde" - música e letra de Ryan Bingham e T Bone Burnett.
-Mellor guión orixinal: "En tierra hostil" - Mark Boal.
-Mellor curta animada: "Logorama" - Nicolas Schmerkin.
-Mellor curta documental: "Music by Prudence" - Roger Ross Williams e Elinor Burkett.
-Mellor curta: "The New Tenants" - Joachim Back e Tivi Magnusson.
-Mellor Maquillaxe: "Star Trek" - Barney Burman, Mindy Hall e Joel Harlow.
-Mellor guión adaptado: "Precious" - Geoffrey Fletcher.
-Mellor actriz secundaria: Mo'Nique - "Precious".
-Mellor dirección artística: "Avatar" - Rick Carter e Robert Stromberg.
-Mellor deseño de vestiario: "A raíña Victoria" - Sandy Powell.
-Mellor edición sonora: "En tierra hostil" - Paul N.J. Ottosson.
-Mellor mestura de son: "En tierra hostil" - Paul N.J. Ottosson e Ray Beckett.
-Mellor dirección fotográfica: "Avatar" - Mauro Fiore.
-Mellor banda sonora orixinal: "Up" - Michael Giacchino.
-Mellores efectos visuais: "Avatar" - Joe Letteri, Stephen Rosenbaum, Richard Baneham e Andrew R. Jones.
-Mellor documental: "The Cove".
-Mellor edición: "En tierra hostil" - Bob Murawski e Chris Innis.
-Mellor película extranxeira: "El secreto de sus ojos" - Arxentina.
-Mellor actor: Jeff Bridges - "Corazón rebelde".
-Mellor actriz: Sandra Bullock - "The Blind Side".
-Mellor director: Kathryn Bigelow - "En tierra hostil".
-Mellor película: "En tierra hostil".




