Economistas

Nostián, a alternativa local a Sogama tamén ten fendas

Os diferentes sistemas de tratamento de lixo seguen a ser un crebacabezas en Galiza. Logo da extraordinaria sucesión de escándalos en Sogama, a planta coruñesa de Nostián está tamén no punto de mira. A empresa concesionaria das instalacións, Albada (do grupo Urbaser), reclámalle ao Concello da Coruña máis de 58,1 millóns por "sobrecustes" que teñen que ver coa reforma das instalacións e coa necesidade de trasladar lixo a vertedoiros de Cerceda e Sobrado dos Monxes. A empresa asegura que se non se destina este diñeiro público pode ter que abandonar o servizo.

Mais cales son os problemas que lastran o principal modelo alternativo a Sogama? Os expertos teñen claro que plantas como as de Nostián son a solución ao problema dos residuos. O recinto coruñés, que entrou en funcionamento en 1999, apostou de cheo pola compostaxe mais non foi quen de conseguir un bo nivel de funcionamento.

As causas do fracaso de Nostián

A planta coruñesa trata os residuos dos municipios da Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Betanzos, Cambre, Sada, Bergondo e Abegondo. En teoría, o recinto, onde traballan 150 persoas, fai fronte cada ano a algo más de 200 mil toneladas de lixo. Aínda así, ten unha gran cantidade de materia que non é quen de tratar e que envía a outros vertedoiros (o que incrementa o custe considerabelmente).

Dende Adega, Fins Eirexas, apunta factores determinantes que lastraron a Nostián: "Todos os modelos alternativos á incineración baseados na compostaxe requiren dunha maior implicación cidadán. A chave é unha boa separación en orixe". Os ecoloxistas coinciden en que o modelo da compostaxe é válido mais é preciso un concienciamento social máis intenso. "Nostián fixo ao principio unha campaña entre a cidadanía e o compost producido era moi bo, logo abandonouse o traballo coa xente e os parámetros caeron estrepitosamente", afirma Eirexas.

Outro dos problemas de plantas como a de Nostián é a dimensión do recinto. Para que a compostaxe sexa óptima é preciso instalacións de tamaño máis ben reducido onde non haxa demasiados problemas de tipo técnico. Este é o caso de Lousame, a planta do Barbanza, trata pouco máis de 35 mil toneladas anuais, e, agás nos meses de verán, cando se dispara o volume de residuos pola chegada de turistas, o funcionamento é moito menos problemático.

A solución: plantas comarcais

O movemento ecoloxista sempre se opuxo frontalmente ao modelo Sogama, baseado na incineración e na acumulación en macrovertedoiro. Porén, para os diferentes colectivos a solución idónea pasa pola creación de plantas de compostaxe de carácter comarca (cun mínimo de 16 espallladas por todo o país). Canda isto, subliñan que a estratexia na que sempre fallaron os poderes públicos é na da información á cidadanía que é a única que pode conseguir o obxectivo ideal: a reducción das máis de 1,2 millóns de toneladas que producimos en Galiza cada ano.
Fuente: vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg