Economistas

O Concello ampliará a toda a rede de centros cívicos o innovador servizo de telegerontología que xa conta con máis de 200 usuarios

O Concello da Coruña ampliará o servizo de telegerontología a toda a rede de centros cívicos da cidade, na aposta do goberno municipal polo benestar e a atención aos maiores. A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, presentou o proxecto de ampliación deste servizo de atención ¿en liña¿ para maiores e dependentes que actualmente xa se presta en cinco centros cívicos. O investimento do Plan de Investimento Municipal para iniciar esta ampliación é de 30.000 euros.

O servizo de telegerontología comezouse a prestar na cidade a finais de 2008 e ten como obxectivo mellorar a calidade de vida dos coruñeses tendo en conta as necesidades das persoas maiores e aplicando as Novas Tecnoloxías da Comunicación e a Información (Tics).

O proxecto iniciouse nos centros cívicos do Castrillón, San Diego, Monelos, Os Rosales e Labañou e conta con 230 usuarios. O obxectivo que se persegue é previr situacións de dependencia e promover a autonomía, facilitando servizos de atención a persoas maiores que permitan a permanencia na súa contorna. Ao longo do mes de abril porase en funcionamento nos restantes centros civicos da cidade.

As aplicacións ás que poderán acceder os/as participantes son:

 Estimulación cognitiva: é un programa de intervención cognitiva dirixido a persoas con e sen deterioración cognitiva, e que permite exercitar e traballar aspectos relacionados coa memoria.

Esta aplicación consiste nunha serie de exercicios que realiza o/ a participante de forma autónoma (sen a presenza dun profesional) e que pretenden desenvolver as capacidades de memoria e exercitar aspectos como o cálculo, cultura xeral (xeografía...) e a orientación temporal e espacial.

Para acceder a este servizo é necesaria unha valoración cognitiva previa, para coñecer o estado cognitivo do participante e adaptar os exercicios ás súas capacidades.

O servizo é válido tanto para persoas sen deterioración cognitiva como para persoas con deterioración cognitiva leve. Os exercicios de estimulación cognitiva débense realizar durante tres veces á semana, e cada sesión ten unha duración aproximada de 30 minutos.

 Terapias: a través deste servizo os/as participantes poderán acceder a sesións con diferentes temáticas, talles como sesións nas que se traballa aspectos de actividade física como exercicios para mellorar o equilibrio, exercicios para mellorar a mobilidade (trabállanse movementos de cadeira...) e ademais trabállanse aspectos como a memoria a curto prazo e mantemento de coñecementos culturais a través de simulacións de concursos televisivos como cifras e letras, pasapalabra.

 Tele-profesional: este servizo facilita ao participante e/ou ao seu coidador, o contacto cunha serie de profesionais do centro gerontológico A Milagrosa a través de vídeo conferencia. Os profesionais cos que poderá contactar son fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, logopeda e psicologo aos que os participantes poderán formular consultas.

Aposta polo benestar social

A Concellaría de Servizos Sociais vén realizando unha aposta importante polos servizos de promoción da autonomía e prevención da dependencia. Cos talleres de memoria e o proxecto de telegerontología facilítanse servizos de estimulación congnitiva para persoas que non presentan deterioración cognitiva. E para aquelas persoas que están nas primeiras fases de Alzheimer ou outras demencias, púxose en funcionamento no mes de febreiro o proxecto Activa-T en colaboración con AFACO. Ademais, para axudar a familiares e enfermos de Alzheimer, o Concello da Coruña apostou por crear un centro de día no Barrio das Flores.

Por outra banda, máis de mil usuarios benefícianse do servizo municipal para atender ás persoas dependentes nos seus fogares, dentro da aposta polo benestar do goberno local. Co fin de mellorar e ampliar o servizo, o Concello da Coruña, a través da Concellaría de Servizos Sociais, porá en marcha un servizo de axuda a domicilio para persoas dependentes no que se investirán 1,7 millóns de euros.

O Servizo de Axuda a Domicilio Dependencia (SAD Dependencia) consiste na prestación dun conxunto de atencións domiciliarias con carácter personalizado e polivalente, desde unha perspectiva integral e normalizada, a persoas en situación de dependencia.

Desta forma, o Concello prestará apoio persoal, doméstico, psicosocial, educativo e técnico orientado a facilitar aos beneficiarios a autonomía necesaria para manterse no seu medio habitual. Entre a axuda prestada, atópase a axuda para o vestido, calzado e alimentación, fomento de hixiene persoal, limpeza ou axuda para o mantemento de salubridade na vivenda, apoio e acompañamento para realizar trámites, actividades fóra de domicilio, apoio emocional a persoas coidadoras, etc.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg